CONVERXENCIA GALEGA PLANTEXA VARIAS PREGUNTAS SOBOR DOS NOVOS ESTATUTOS PARA O PADROADO MUNICIPAL "MONTE SANTA TREGA"
Celso R. Fariñas (Concelleiro de Converxencia Galega): "(...) Seguramente, noutros membros da Xunta Rectora do Padroado xurdirán outras dúbidas que deberan ser resoltas e ter unha claridade meridiana a nivel xurídico, especialmente nos temas fiscais, laborais e societarios (...)".
Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega, na Corporación Municipal de A Guarda
Infogauda / A Guarda
Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega, na Corporación Municipal de A Guarda, ven de presentar no rexistro de entradas co Concello, unha interpelación, na que dí o seguinte:
SITUACIÓN DE LEGALIDADE DO PADROADO MUNICIPAL MONTE SANTA TREGA
A raíz da presentación de novos Estatutos para o Padroado Municipal “Monte Santa Trega”, de xeito oral, tanto na xunta do mesmo como na aprobación inicial no Concello, despois de ler varios dos documentos lexistativos que acompañaban a dita proposta, sobre o funcionamento deste tipo de entes ¿públicos?, fixemos de xeito oral a pregunta o Secretario Municipal, sin que a día de hoxe obtivéramos resposta, situación, que é preciso clarexar denantes de seguir cas enmendas e aportes para os novos Estatutos, xa que, debemos ter moi claro:
a.- ¿E normal a figura de ente público, cando falamos dunha entidade na que os bens (terreos) son propiedades das dúas Comunidades de Montes en Mán Común dos Veciños/as de Camposancos e A Guarda, que son entes privados ce interese público?
b.- ¿Ten o mesmo tratamento xurídico que un padroado consorcio, sociedade, ou entidade municipal no que participan empresas privadas?
c.- ¿Teñen o mesmo tratamento fiscal?
d.- ¿Poden contratar indiscriminadamente cada unha por súa conta e en conxunto?
Seguramente, noutros membros da Xunta Rectora do Padroado xurdirán outras dúbidas que deberan ser resoltas e ter unha claridade meridiana a nivel xurídico, especialmente nos temas fiscais, laborais e societarios, denantes de tomar algunha medida que poida ser perxudicial para o mesmo ou para os componentes do Padroado Municipal Monte de Santa Trega.
A Guarda, a 03 de Xaneiro do 2.016
Celso R. Fariñas
Concelleiro de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Secretario Acctal.
Sra. Interventora
Sr. Concelleiro de Patrimonio
Concello de A Guarda

Ningún comentario:
Publicar un comentario