4 de xan. de 2016

A GUARDA

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na vila, o venres e o sábado  


Infogauda / A Guarda

 A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda os días 8 e 9 de xaneiro.  

 Este autobús estará emprazado na praza Avelino Vicente o venres en horario de 10 a 14 horas pola mañá e de 16,30 a 21 horas pola tarde. O sábado estará aberta de 10 a 14,30 horas.  

 O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario