3 de dec. de 2015

SANTIAGO DE COMPOSTELA

    TALLERES DE NADAL NO CGAC

Do 22 ao 30 de decembro de 2015 


CGAC / Santiago de Compostela


 Este Nadal os talleres do CGAC xirarán arredor da pintura, a escritura, as viaxes emocionais, a poesía, a natureza, os camiños, as pegadas e outras ideas que se desprenden da exposición Interaccións, do artista Javier Vallhonrat, que poderá visitarse no CGAC até o 27 de marzo de 2016. 

 Estes talleres ofrécenlles aos pequenos a oportunidade de explorar a arte contemporánea acompañados de artistas e doutros profesionais da cultura nun contorno que favorece a experimentación coas linguaxes, os soportes, as técnicas, os conceptos e os discursos propios da arte máis actual. Cambio de planos! 
22- 23 de decembro 
Dirixido pola artista María Meijide 
Idade: 7- 9 anos 
Horario: 11:00- 13:00 h 
Prazas: 20  

Onde está o inverno? 
29- 30 de decembro 
Dirixido pola educadora Clara Rodríguez Márquez 
Idade: 4- 6 anos 
Horario: 11:00- 13:00 h 
Prazas: 15

INSCRICIÓN: 
 A inscrición nos talleres é gratuíta.  As solicitudes deberán enviarse a través do correo electrónico a cgac.pedagogia@xunta.es ou cgac.educacion@xunta.es. 

 As persoas interesadas deberán indicar os seguintes datos: nome completo e idade dos nenos e/ou nenas participantes, número de teléfono, enderezo de correo electrónico e nome do taller no que desexan participar. Poderase inscribir un máximo de dous participantes mediante cada solicitude. 

COORDINACIÓN: 
 Gema Baños e Virginia Villar. 

 Os asistentes deberán traer roupa de abrigo e de choiva ou paraugas para saír ao exterior. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario