O Pleno do Concello aproba unha ordenanza reguladora a axudas individuais a deportistas guardeses
Infogauda / A Guarda
A Corporación Municipal do Concello de A Guarda aprobou, no pleno ordinario do venres día 27 de novembro, a ordenanza reguladora de axudas económicas a deportistas guardeses e guardesas que, a nivel individual, participen en distintas competicións nacionais ou internacionais.
Unha vez entre en vigor a ordenanza se remitirá a Convocatoria Anual para que todos os deportistas guardeses que o desexen poidan informase e tamén solicitala.
O Concello de A Guarda, no seu labor de promoción e apoio ó deporte é consciente das dificultades económicas polas que atravesan aqueles deportistas que participan en competicións oficiais, así, estas partidas, teñen por obxecto axudar a sufragar os diversos gastos de desprazamento, material e outros, dos deportistas guardeses máis destacados.

Ningún comentario:
Publicar un comentario