Ángel Moldes móstrase “perplexo” ante o anuncio, e pregunta á presidenta que é o que realmente está vendendo
Os programas do novo Servizo de Emprego da Deputación son iniciativas postas en marcha polo Partido Popular
• O proxecto Depoemprega aprobouse en xunta de goberno o pasado 12 de xuño
• O programa Practicum abría no BOP do 4 de decembro o prazo para que os centros de FP presentasen a súa solicitude
• Os obradoiros de emprego do Príncipe Felipe levan anos impartíndose cunha importante inserción laboral
Ángel Moldes Martínez, voceiro do grupo provincial do Partido Popular
Infogauda / Pontevedra
O grupo provincial do Partido Popular recorda á presidenta da Deputación de Pontevedra que os programas e proxectos de emprego dos que presume son iniciativas que puxo en marcha o goberno liderado por Rafael Louzán.
O voceiro Ángel Moldes Martínez mostra a súa “perplexidade” ante o anuncio da presidenta, á que lle pregunta que é o que realmente está vendendo, ou si é que se está atribuíndo éxitos alleos. Entenden os populares que este xa é un adianto do que vai ocorrer nos dous anos próximos, “imos a asistir a inauguracións de obras e de proxectos adxudicados polo anterior gobernó e vanse a publicitar, a bombo e platillo, como se fosen froito da súa xestión”.
Depoemprega
E ste programa, no que participan 110 persoas e que cunta cun investimento de 360.000 euros, foi aprobado polo goberno de Rafael Louzán na xunta do 12 de xuño, exactamente no punto 26 da orde do día: “Aprobación do proxecto Depoemprega 2015-2016 presentando a convocatoria da Consellería de Traballo e Benestar para a posta en marcha de programas integrados de emprego”.
Ademais, das 14 persoas que forman o novo servizo de emprego provincial, seis son postos que contempla este programa (dous orientadores laborais, dous técnicos de inserción e promoción do emprego, un técnico de formación e un administrativo), mentres que outro dos postos forma parte do programa Practicum.
Practicum
A través do programa Practicum, 123 alumnos de 18 centros de FP da provincia van facer prácticas remuneradas en Europa, tal e como xa adiantou Rafael Louzán o 26 de xuño deste ano. Uns meses antes, o 4 de decembro de 2014, saía publicado no BOP o anuncio para que os centros de formación profesional presentasen a súa solicitude para participar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario