22 de out. de 2015

A GUARDA

OS PRACEIROS RECIBEN UNHA FORMACIÓN DE COACHING E MENTORING  

Esta iniciativa está programada dentro da partida para a reforma da Praza de Abastos 

Os encargados de presentar esta iniciativa foron o alcalde guardés, Antonio Lomba Baz e a Concelleira de Comercio, Montserrat Magallanes Álvarez
Fotos: C. A. G.

Infogauda / A Guarda

 Os praceiros da Praza de Abastos do municipio de A Guarda recibiron a primeira das sesións de formación de coaching (anglicismo que procede do verbo adestrar. Trátase de un método que consiste en acompañar, instruir e adestrar a unha persona, ou a un grupo, co propósito de lograr uns obxectivos ou de desenvolver habilidades concretas) e mentoring (outro anglicismo, que significa un proceso de aprendizaxe persoal polo que unha persona asume a propiedade e a responsabilidade do seu propio desenvolvemento persoal e profesional), programadas dentro da partida para a reforma da Praza de Abastos. Estes traballos e a formación están subvencionados tanto polo Concello coma pola Xunta de Galicia. 

 Nesta primeira sesión, que tivo lugar o venres 16 de outubro, participaron 15 praceiros. 

 Os encargados de presentar esta iniciativa foron o alcalde guardés, Antonio Lomba Baz e a Concelleira de Comercio, Montserrat Magallanes Álvarez. Ambos coincidiron na importancia da formación para sacarlle un maior beneficio ao traballo. 

Algúns dos praceiros que asistiron a primeira xornada de formación

 A formación, que estivo impartida polo profesional Pedro Rodríguez, tivo unha duración aproximada de tres horas. Durante este curso os praceiros tiveron a oportunidade de coñecer novas técnicas de venta e de atención ao cliente e sobre a concienciación do traballo en equipo e a conciencia grupal. A aceptación nesta formación, que foi sobre todo práctica, foi moi boa entre todos os participantes. 
Próxima data 
 O próximo luns 26 ás 17 horas, está programada outra formación. Nesta ocasión o tema a tratar é “Visual Merchandising”, clase na que os praceiros aprenderán a colocar o seus produtos para facelos máis atractivos para a súa clientela.  

 Segundo os expertos en técnicas de venda, a Visual Merchandising é unha disciplina esencial para cualquer establecemento comercial posto que non soio axuda a incrementar considerablemente as vendas, senón que tambén mellora súa imaxe de marca.

 Están invitados a participar nesta formación todos os praceiros que traballan na Praza de Abastos guardesa. 
Obras 
As obras de reforma e mellora da Praza de Abastos continuarán durante todo o mes de outubro. Estes traballos son compatibles co bo funcionamento da praza polo que se manterá aberta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario