9 de out. de 2015

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA PRESENTA UNHA MOCIÓN SOBOR DO PLAN DIRECTOR DO MONTE SANTA TREGA

Na parte dispositiva da moción figura á seguinte proposta: "A Corporación Municipal de A Guarda, rexeita incorporar o P.X.O.U. o Plan Director do Monte de Santa Trega, por consideralo lesivo os intereses do pobo guardés".


Celso R. Fariñas     
Concelleiro de Converxencia Galega

Infogauda / A Guarda

 Celso R. Fariñas concelleiro de Converxencia Galega na Corporación Municipal de A Guarda, ven de presentar no rexistro de entradas do Concello á seguinte moción:

NON O PLAN DIRECTOR DO MONTE SANTA TREGA 
   
 Despois de moito insistir, o final poidemos chegar a coñecer o Plan Director do Monte de Santa Trega, e tras varios días revisando a documentación que elaborou a Crescende e Asociados, proxecto, que de seguir adiante, debe ser incorporado o Plan Xeral de Ordenación Urbán, (PXOU) o noso entender, debe ser retirado, xa que ainda tendo en conta que contén partes moi positivas cara un futuro diseñado o redor do Monte e enfocado o turismo para convertirse nún dos referentes máis importantes de Galicia, dende CONVERXENCIA GALEGA, estamos seguros que vai quedar en “papel mollado”, xa que leva a mesma dirección que o anterior, e iso, que o de Portela realizado en 1984, era moito máis “humilde” en obxetivos que o actual, que para nos é irrealizable, e moito máis, baixo a situación de crise actual, pois moitas das expectativas e propostas que sinala, non haberá diñeiro para materializalas. 

 A creación dún trasporte público que leve a veciños/as e visitantes dende a faldra do Monte ata o cumio, a declaración de Utilidade Pública do Monte e expropiación das propiedades a Comunidades e propietarios, ou mismamente o derrubo dalgunha das instalacións existentes na cima do Monte, a eliminación do Monumento a D. Manuel Lomba Peña, a construcción nos campos de  Cháns de varias instalacións, nún un aparcadoiro e noutro un novo Museo, ou as propostas de delimitación, levando adiante un Plan Especial coincidente ca Estrada de Circunvalación, que se complementa ca Zona de Protección tamén proposta como Area de Especial Interese Paisaxístico, incorporado o Convenio Europeo da Paisaxe do Esteiro do Miño, posiblemente axuden e potencien o Monte, pero seguramente van perxudicar –en moito- a población guardesa.

 Por todo  o exposto, dende Converxencia Galega, vimos a presentar para o seu debate e aprobación si procede da seguinte Moción:

 A Corporación Municipal de A Guarda, rexeita incorporar o P.X.O.U. o Plan Director do Monte de Santa Trega, por consideralo lesivo os intereses do pobo guardés.

                      A Guarda, a 09 de octubro  do 2.015    

Celso R. Fariñas     
Concelleiro de Converxencia Galega

Sr. Alcalde-Presidente 
Sr. Secretario Acctal. 
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario