O CONCELLO CONVOCA A MESA LOCAL DE COMERCIO
Para o próximo martes, 13 de outubro, ás 9 horas.
Praza do Reló
Foto: Infogauda
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda vén de facer pública a convocatoria, de carácter extraordinario, da Mesa Local de Comercio, para o próximo martes, 13 de outubro, ás 9 horas.
A esta sesión, que presidirá o alcalde, Antonio Lomba Baz, están convocados os concelleiros Montserrat Magallanes Álvarez, Paulino Rodríguez González e Teresa Vicente Baz, representantes da Director Xeral de Comercio, de ACIGU, de MercaGuarda e da Asociación de Consumidores “Aldraman” e a Axente de Desenvolvemento Local, Elena Rodríguez Núñez.
A orde do día consta de dous puntos:
1. Proposta de regulamento de funcionamento da Praza de Abastos.
Neste momento a Praza de Abastos está nun proceso de reforma das súas instalacións. Polo que é necesario adecuar o regulamento para que os praceiros conten cuns dereitos e tamén obrigas. Existe a disposición de que a normativa sexa produto do consenso polo que quere escoitar as suxestións e aportacións das diferentes asociacións.
2. Proposta do Concello para o Nadal 2015
O Nadal xunto coa época de verán son as datas máis importantes para actividade comercial desta localidade. Aproximadamente un 30% das ventas do pequeño e mediano comercio realízanse nestas datas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario