OS CONCELLEIROS DE MEDIO AMBIENTE DE O ROSAL E DE OIA INTERÉSANSE POLA XESTIÓN DO PUNTO LIMPO DE A GUARDA
Gerardo Rodríguez Refojos, Paulino Rodríguez González e Charo Tabales Perozo
Os Concelleiros de Medio Ambiente de O Rosal, Charo Tabales Perozo, e o de Oia, Gerardo Rodríguez Refojos, xunto co seu homólogo na Guarda, Paulino Rodríguez González, visitaron na mañá de onte o Punto Limpo do municipio guardés. Nesta visita os concelleiros visitantes interesáronse pola xestión deste equipamento ambiental de titularidade e competencia municipal.
Durante esta visita, que durou máis dunha hora, Paulino Rodríguez foi mostrando cada un dos espazos do Punto Limpo de A Guarda e explicando como se xestiona. Así, o Concelleiro de Medio Ambiente guardés, mostroulles como fan a separación entre os diferentes plásticos, os televisores e frigoríficos, os cristais planos ou os televisores. Ademais Paulino Rodríguez foi comentándolle a maneira que o goberno guardés ten para xestionar cada un dos residuos.
Fontes municipais afirman que "o Punto Limpo de A Guarda está considerado como un dos mellores xestionados de toda Galicia. A seu eficiencia e sustentibilidade e froito tanto do traballo do goberno municipal como da colaboración cidadá e das campañas de concienciación". Paulino Rodríguez resaltou o compromiso dos veciños de A Guarda. “A xente está concienciada e iso é moi importante. Aínda así, sempre hai que traballar en diferentes campañas para que cada vez máis xente leve os seus residuos o punto limpo”, afirmou, na visita, o Concelleiro de Medio Ambiente.
Así mesmo, na visita, intercambiaron opinións sobre a compostaxe, falando, por exemplo de darlle unha saída a poda e a herba da sega dos xardíns. Na actualidade, o Punto Limpo de A Guarda, xa conta cun espazo onde se almacena este residuo para a súa compostaxe.



Ningún comentario:
Publicar un comentario