CONVERXENCIA GALEGA PROPÓN QUE NON SE INCREMENTE O IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES
Celso R. Fariñas (Concelleiro de Converxencia Galega): "(...) solicitamos que non se traslade aos contribuintes dito incremento ou sexa compensado cunha baixada do tipo impositivo, xa que temos claro que ademais, vai ter repercusión no Imposto de Plusvalías o ser aplicado na venta de inmobles".
Infogauda / A Guarda
Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega na Corporación Municipal do Concello de A Guarda, ven de presentar no rexistro de entradas á seguinte proposta:
NON O INCREMENTO DO 11% NO I.B.I.
Nestes días, está sendo
publicado nos medios de comunicación, que o Ministerio de Hacienda facendo
público o listado dos concellos aos que se lles revisará o Catastro durante o
ano 2016 a
petición propia, entre os cales aparece o Concello de A Guarda.
Nestes momentos en que, por
unha banda, o Equipo de Goberno do PSOE, sae nos medios de comunicación
anunciado a súa maneira de xestionar e o gran superávit, namentras dende
Hacienda nos sinala como un concello deficitario, e pola outra banda, a
proposta da oposición, se conxelaron os prezos e traxas públicas, e logo sen contar con ninguén súbense
Imposto de Bens Inmobles, nunha porcentaxe, que vai repercutir de maneira moi
forte na economía familiar de tódolos/as veciños/as.
Sabemos que existen
diferencias sustanciais entre os valores de mercado e os que serviron de base
para as referencias catastrais vixentes, facendo a solicitude en vísperas
electorais, non sabemos se para pode cubri-los gastos acumulados ou para deixar
un “premio” se había cambio de goberno municipal.
Dende Converxencia Galega solicitamos que
NON SE TRASLADE aos contribuintes dito incremento ou sexa compensado cunha
baixada do tipo impositivo, xa que temos claro que ademais, vai ter repercusión
no Imposto de Plusvalías o ser aplicado na venta de inmobles.
A
Guarda, a 02 de outubro do 2.015
Celso
R. Fariñas
Concelleiro
de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Sra. Concelleira de Facenda
DEPARTAMENTO ECONOMICO
CONCELLO DE A GUARDA

Ningún comentario:
Publicar un comentario