13 de set. de 2015

VILA PRAIA DE ÂNCORA (CAMINHA)

VILA PRAIA DE ÂNCORA VIVE POR TODO O ALTO ÁS FESTAS NA HONRA DE NOSSA SENHORA DA BONANÇA


Na imaxe unha fermosa xoven "lavradeira" de Freixieiro de Soutelo
Foto: Infogauda



Ricardo Rodríguez Vicente / Vila Praia de Âncora

 Vila Praia de Âncora, pertencente o Concelho de Caminha, vive nestes días as súas afamadas Festas na honra de Nossa Senhora da Bonança, nas que a devoción vai xunguida á tradición, á gastronomía e por suposto á música, o baile e a Cultura, en xeral. Do extenso programa cultural, festivo e mesmo relixioso, queremos salientar, o Cortejo Etnográficodo Vale do Âncora, evento que como tódolos anos, ten lugar na tarde do terceiro día de festexos, é decir no sábado. Nesta ocasión foi o 12 de setembro. Temos que decir, que desde que coñecemos o alcance cultural dese desfile, e xa van un feixe de anos, o seu contido semella non verse afectado por ningún factor, xa que á participación tanto de persoas que forman parte do devandito Cortejo Etnográfico, como de público, non vai á menos. Todo o contrario. E iso quer decir, que as tradicions continúan vivas, o cal é motivo de espranza cara o futuro.


 No Cortejo Etnográfico do Vale do Âncora, pudemos ollar, en primeiro lugar os xigantes e cabezudos, que abrían o desfile, e a continuación, mozas co traxe típico vianés, o Grupo de Bombos de S. Sebastiâo - que incrúe, concertinas de gaitas de foles -, unha representación da Comisión de Festas de Nossa Senhora da Bonança, formada por mulleres e homes, coas súas roupas de cotío, e algunhas delas, mesmo descalzas; á masseira – gamela – ancorense, que leva na popa o nome Sra. da Bonança - Caminha, a na amura á matrícula – 2829CM5-, e a continuación unha representación dos Bombeiros Voluntarios de V. P. de Âncora. Mozas e mozos cos traxes rexionais da zoa do Alto Minho, complementados co calzado axeitado -zocos para elas, e zamancas para eles -, picariños, vestidos igualmente coa indumentaria correspondente a mariñeiros e labradores, segundo súas respectivas procedencias, con frores e xoguetes tradicionais feitos polos seus maiores; a vaca pinta, tirando polo carro carregado de palla seca de millo e cabazas, o ciclo da apicultura no Vale do Âncora, amosando un apiario - colmea - en actividade, e os novos aparellos en aceiro inox, para extraer a mel, a cera,...

  Mulleres ataviadas cos traxes típicos vianeses
Foto: Infogauda

 No Cortejo Etnográfico do Vale do Âncora deste ano houbo tamén unha lembranza “Os banhos em Gontinhâes no Séc. XIX”, que nos evocan ás casas de baños de auga quente de mar - precursoras da talasoterapia - en Vila Praia de Âncora.

 Asemade, tamén houbo representacións de entidades folclóricas, como o Grupo de Cantares Tradicionais de Âncora, C. D. S Joâo da Serra, Grupo de Triquelitraques de Afife, entre outros, así como parellas de noivos, grupos de concertinas, grupos debullando millo, representación de matanza do porco, con algúns dos seus compoñentes – de Freixieiro de Soutelo -,   repartindo febras, pan de broa e viño tinto,...

 Tamén pudemos ollar o ciclo do liño, o completo, con mulleres das freguesías de Gondar e Orbacém, espadadelando, fiando, tecendo, ..., así como outro grupo desas dúas freguesías, con un cocho aberto en canal, onde homes e mulleres traballan comunitariamente nas distintas tarefas própias da matanza.

 Romeiros e maiordomos sorrintes, cantando ledos e camiñando cara á ermida,...

 Labradores con aixadas ó lombo, ou con mallos para o centeo, lavandeiras – do Orfeâo de Vila Praia de Âncora - coas tinas de roupa, camiño da Fonte D`Agra, grupo infantil na Praia das Crianças, e finalmente un grupo de mulleres de pescadores, con unha boa mostra das posibilidades culinarias da sardiñas (asadas, lañadas e fritas, enceboladas, en escabeche,...), que ofrecían gustosamente os espectadores, moitos dos cales non resistiron a tentación de degusta-las, que diso se trataba.

 E todo ese amplo e heteroxéneo colectivo humano das 14 freguesías de Caminha, amosando súa ledicia de participar, un ano máis, no Cortejo Etnográfico do Vale do Àncora, onde á autenticidade dos seus protagonistas é total.

 Namentras o desfile continuaba ata O Portinho Novo, con unha moitedume de público presenciándoo por todo o percorrido, veciños e visitantes - incruso peregrinos que están facendo o Camiño Portugués pola Costa ou Monacal - puderon disfroitar tamén na Praça da República, coas actuacions da Sociedade Musical Lanhelense (de Lanhelas) e a Banda Musical de Melres - con máis de 150 e 91 anos de traxectoria, respectivamente -, que man a mán, ofreceron un brillante concerto. 

 Vila Praia de Âncora, acolledora, laboriosa e en constante progresión, vive por todo o alto ás Festas na honra de Nossa Senhora da Bonança que se celebran nestes días de setembro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario