CULTURA
O vigués Iñaki Varela Pérez gaña o VIII Premio de Poesía Victoriano Taibo – ELM de Morgadáns
Iñaki Varela Pérez, gañador do VIII Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local Menor de Morgadáns
Álvaro Peralta / Gondomar
O VIII Premio de
Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local Menor de Morgadáns acadou este ano
unha importante participación, como vén sendo costume dende a súa institución,
con corenta e dous orixinais presentados. Na primeira quincena de setembro
reuniuse o xurado, que resaltou a importante calidade de moitos deles e elixiu,
en primeiro lugar, as obras finalistas, que resultaron ser as citadas a
continuación por orde de entrada, as que ostentaban os seguintes títulos e
lemas ou pseudónimos:
Camuflaxe (Campos de néboa eléctrica)
Exhumación
Do outro lado das portas (O Miño)
Diario de ladras, bailarinas, asasinas e flores (Vita da Vita)
Culpable (Nüwa)
A continuación
acordaron concederlle o galardón desta convocatoria ao poemario titulado Do outro lado das portasvalorando que
estamos ante un libro que trata os temas máis actuais dende unha perspectiva
social, nunha especie de épica actual, en que o autor nos dá a súa particular
visión do que nos preocupa hoxe sen que os poemas se resintan na súa
construción lírica. A cidade de Vigo ou o Miño adquiren personalidade propia
neste poemario que engancha a lectura dende as primeiras páxinas.
O autor da obra
premiada é Iñaki Varela Pérez, natural de Vigo cidade na que exerce como
profesor de Xeografía e Historia. Afeccionado á literatura dende moi novo, este
é, non obstante, o seu primeiro libro, que será publicado polo IEM na súa Colección Victoriano Taibo como parte do premio acadado, consistente, ademais,
en tres mil euros en metálico, unha peza escultórica conmemorativa, obra do
artista miñorán Fino Lorenzo, e a presentación do autor e o poemario nunha gala
que se celebrará ao longo do mes de novembro, en data que se anunciará
oportunamente.
Auto resumo biográfico do autor
Nome completo: Iñaki Varela Pérez.
Nacín en Vigo, nas Travesas, no 1980. A miña primeira experiencia literaria foi como é habitual, na adolescencia, da que gardo unha moi boa lembranza de ter participado na revista do instituto onde estudei, o Santa Irene. Fóra diso pouco máis podo dicir dunha relación co mundo da escrita que estivo sempre máis ben do lado da lectura. Foi só nestes últimos tempos, quizais nos últimos dous ou tres anos, nos que recuperei esa necesidade de escribir. Non teño nada publicado, estou a aprender un tanto as apalpadas o que pode significar isto de escribir e que sentido pode ter facelo eu e facelo deste xeito.
No máis estritamente académico ou profesional, son licenciado en Historia pola USC. Rematada a carreira fixen diversas piruetas, cousa xeracional, así que tamén teño estudos (non finalizados) de realización audiovisual e educación social. Tamén fun pizzero, brevemente, e apañador de fresa en Dinamarca, aínda máis fugaz.
Dende o 2006 estou a traballar como profesor de Xeografía e Historia no ensino secundario, actualmente estou a facelo no IES Alexandre Bóveda de Vigo.
Son activista da asociación ecoloxista Verdegaia, da asociación de defensa dos dereitos das persoas presas Concepción Arenal e do proxecto de finanzas alternativas Fiare Banca Etica,... e unhas cantas historias máis. Vaia, que á mínima enredo nunha silveira.
Dende fai uns cinco anos estou a vivir en Compostela.

Escultura do artista Fino Lorenzo que forma parte do premio de Poesía Victoriano Taibo.
Do premio
Ata hai uns
poucos días non sabíamos se poderiamos divulgar esta noticia ou sería necesario
publicar outra distinta e triste que supuxese a desconvocatoria do premio, pois
o actual presidente, dende as últimas eleccións municipais, da Entidade Local
Menor de Morgadáns, mecenas esta do certame ata o de agora, comunicounos,
primeiro oralmente e logo oficialmente e por escrito, a súa decisión de non
asumir o custo comprometido mediante convenio vixente dende o ano 2008,
convenio que se renova automáticamente cada ano se ningunha das partes o
denuncia cun mes de antelación.
Así as cousas, acudimos ao goberno do concello
de Gondomar en demanda de axuda para salvar esta convocatoria e,
afortunadamente, atopamos alí a sensibilidade necesaria para que un certame de
poesía que lle leva proporcionado ao lectorado de Galicia oito novos títulos do
máis alto nivel, convertido en referente tanto pola cantidade como pola
calidade de autores e orixinais participantes, puidese cumprir o seu compromiso
e completar o ciclo da convocatoria coa entrega do premio e a presentación da
obra galardoada, acción pola que nos congratulamos e aplaudimos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario