ANDAINA DO MONTE ALOIA Ó GALIÑEIRO
Benqueridos camiñantes:  
 O próximo o día 3 de outubro, saíndo ás 8:00 do Centro Interfederado e ás 8:30 do alto do monte Aloia (na entrada da capela), organizamos a ruta do Monte Aloia ó Galiñeiro. 
 Un paseo de 18 quilómetros de dificultade media, onde veremos a parte Noroeste do parque natural do monte Aloia.  
 Saída ás 8:30 e contamos con voltar ás 13:00 ó punto de saída.  
 Participa con nós e fai o que máis recomendan os médicos, camiñar. Pasa unha mañán diferente ó mesmo tempo que fas deporte e coñeces o noso entorno e a beleza dos noso montes.  
 ¡¡OBRIGATORIA A INSCRICIÓN NA WEB!!  
 Para participar, apuntádevos aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario