A directora xeral de Mobilidade,
Helena de Lucas, xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, María José
Bravo Bosch, informaron sobre os servizos de interurbanos ao complexo hospitalario
O NOVO HOSPITAL DE VIGO QUEDARÁ
CONECTADO CON 20 CONCELLOS DA SÚA ÁREA MEDIANTE LIÑAS DE AUTOBÚS DIRECTAS,
OFRECENDO A MAIOR COBERTURA XEOGRÁFICA DAS ZONAS SANITARIAS GALEGAS
- Trátase
da
Guarda, O
Rosal, Tomiño, Tui, Gondomar, O Porriño, Mos, Ponteareas, As Neves, Crecente, Arbo,
Redondela, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Covelo, Mondariz, Mondariz
Balneario, A Cañiza, Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas
- As
empresas que prestarán servizos nestes municipios son Melytour, ATSA, Autos
González, Empresa Raúl, Autoindustrial e Empresa Ojea
- Helena
de Lucas sinala que na actualidade a Xunta está a analizar unha nova proposta
de Transportes La Unión, que ofrece servizos dende O Morrazo, concretamente
dende Cangas e Moaña
- Os veciños
de Oia, Baiona e Nigrán poden acceder ao hospital cos servizos de ATSA, facendo
transbordo coas lanzadeiras de Vitrasa en Praza América
- De
Lucas destaca que a mellora das conexións ao hospital pasa por unha boa
coordinación co urbano, para o que se precisaría: a chegada do Vitrasa ao porto
e o incremento de frecuencias dende a estación de autobuses
- A
Xunta está a contratar un estudo para a mellora da penetración do interurbano
na cidade, cuxa implantación suporá que os veciños de Vigo poderán acceder ao
centro en lugar de ter que transbordar na estación de autobuses
ATSA é unha das empresas con expedicions o novo hospital de Vigo
Foto: ATSA
Infogauda / Vigo
O
novo hospital de Vigo quedará conectado con 20 concellos da súa área mediante
liñas de autobús directas, ofrecendo a maior cobertura xeográfica de transporte
das zonas sanitarias galegas. A directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas,
xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch,
informaron onte sobre os servizos de transporte interurbano ao novo hospital
dende as súas poboacións de referencia.
No mes de xullo,
co inicio das consultas médicas, 13 concellos teñen servizos directos ao novo
hospital a través de catro empresas: Melytour, ATSA, Autoindustrial e Empresa
Ojea, que operan na Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Gondomar, O Porriño, Mos,
Ponteareas, As Neves, Crecente, Salvaterra do Miño, Salceda de Caselas e Arbo.
Posteriormente,
no mes de agosto a Xunta acorda con Autos González e Empresa Raúl a cobertura a
sete concellos máis e ampliarán os servizos nalgúns municipios nos que xa
operan. Concretamente, Autos González dará servizo a Redondela, Pazos de Borbén
e Fornelos de Montes. A empresa Raúl levará as súas liñas ao Covelo, Mondariz,
Mondariz Balneario e A Cañiza. Asimesmo reforzaranse servizos en
Ponteareas As Neves, O Porriño, Mos a
Salvaterra do Miño e Salceda de Caselas. Con este reforzo o concello de Mos
contará con liñas dende parroquias como Petelos, Vaquero, Porteliña ou Tameiga
e os concellos de Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas terán servizos dende
o núcleo e non só dende as parroquias, que xa tiñan servizos autorizados.
A maiores,
Helena de Lucas sinalou que na actualidade a Xunta está a analizar unha nova
proposta de Transportes La Unión, que ofrece servizos dende O Morrazo,
concretamente dende Cangas e Moaña. Tamén engadiu que no que respecta aos
veciños de Oia, Baiona e Nigrán poden acceder ao hospital cos servizos de ATSA,
facendo transbordo coas lanzadeiras de Vitrasa en Praza América.
Coordinación co urbano
Por outra
parte, a directora xeral de Mobilidade destacou que a mellora das conexións ao
hospital pasa por unha boa coordinación co urbano, para o que se precisaría: a
chegada do Vitrasa ao porto e o incremento de frecuencias dende a estación de
autobuses, xa que agora só presta un servizo á hora.
Helena de
Lucas explicou que os servizos directos teñen que complementarse con servizos con
transbordo ao transporte urbano e salientou que, de entrar o concello de Vigo
no plan de transporte metropolitano estes transbordos serían subvencionados ao
100% pola Xunta dentro do Plan de transporte metropolitano.
De Lucas
tamén indicou que a Xunta está a contratar un estudo para a mellora da
penetración das liñas de transporte interurbano na cidade de Vigo, cuxa
implantación suporá unha auténtica revolución do transporte para os veciños de
Vigo, xa que poderán acceder ao centro en lugar de ter que transbordar na
estación de autobuses, que ata o seu traslado a Urzaiz atópase alonxada. Engadiu
que esta conexión sería positiva tamén para os transbordos cara ao hospital, ao
poder identificarse puntos de parada de bus interurbano que proporcionen unha
conexión óptima co urbano.

La Xunta debería contratar algo mas que un estudio de transporte para el nuevo Hospital, debería estudiar la manera de que los enfermos estén en unas condiciones sanitarias dignas, que tengan agua para beber, comida caliente,y sobre todo las medidas higiénicas necesarias para poder curarse, no un espacio sin personal, lleno de ratas y de inmundicia que mas bién parece el marco de una película de terror que un sanatorio. Es una verguenza que nos traten de esta manera, somos personas que,además, pagamos la seguridad social, no nos están regalando nada.
ResponderEliminar