Tal e como manifestou publicamente o 26 de maio de 2015
Louzán presenta a súa dimisión como deputado provincial
Rafael Louzán Abal
Foto: Arquivo
Infogauda / Pontevedra
Na mañá do martes día 1 de setembro, o presidente
provincial do PP de Pontevedra, Rafael
Louzán, presentou a súa dimisión como deputado provincial do Partido Popular,
tal e como el mesmo manifestou públicamente o 26 de maio de 2015, dous meses despois
da celebración das eleccións municipais e unha vez analizados os resultados
electorais.
Segundo informou á Dirección Provincial dos Populares de pontevedra, "aínda que a intención
primeira do presidente do partido era non recoller xa a súa acta de deputado,
mantívose no grupo a petición dos seus compañeiros implicándose directamente na
posta en funcionamento do Grupo Popular e na estratexia de traballo.
Agora, transcorridas
estas primeiras semanas desde a constitución provincial e co comezo do novo
curso político, a decisión de Louzán é de presentar a súa renuncia".
"Con todo - segundo fontes do PP -, o líder dos
populares seguirá realizando labores de asesoramento e coordinación como presidente provincial do partido e dada a súa
importante traxectoria e experiencia á fronte do ente provincial.
Rafael Louzán
aproveita a ocasión para agradecer unha vez máis a colaboración e a
extraordinaria profesionalidade de todos os traballadores da Deputación de
Pontevedra, cos que espera seguir contando, porque considera que o seu papel é
determinante para o bo funcionamento da institución".

Ningún comentario:
Publicar un comentario