CONVERXENCIA GALEGA DEMANDA MÁIS SEGURIDADE NAS OBRAS DA PONTE DE BONAVAL
Imaxes das obras na ponte de Bonaval
Fotos: Grupo Municipal de Converxencia Galega no Concello de Oia
Infogauda / Oia
Os concelleiros Luis Giraldez Figueiró, José Manuel Romero Martínez e Ángel Portela Rodríguez, do Grupo Municipal de Converxencia Galega no Concello de Oia, veñen de presentar no rexistro de entradas do concello oiense, á seguinte comunicación:
SINALIZACIÓN DAS OBRAS NA
PONTE DE BONAVAL
Luis Giraldez Figueiró, José
Manuel Romero Martínez e Ángel Portela Rodríguez, concelleiros do Grupo
Municipal de Converxencia Galega en Oia, desplazáronse a Burgueira para
constatar que despois de sair nos medios de comunicación a problemática das
actuacións que se estaban facendo na Ponte de Bonaval, e cando está rematando a
tempada de verán, a día de hoxe non se tomou ningunha medida tendente a paliar
e resolver este problema que ca chegada das choivas, pode provocar problemas
máis graves neste lugar.
Pola outra banda, e tras
manter conversas con diversos veciños/as e usuarios/as desta estrada, queremos
solicitar de quen corresponde, se tomen as medidas necesarias para que se proceda
a ampliar a sinalización do corte da estrada incluíndo tamén elementos
lumínicos para evitar máis dún susto para as persoas que transitan de noite e
non son coñecedores do corte e redución de parte do vial circulatorio
existente.
Si é certo que máis vale
prevenir que lamentar, dende Converxencia Galega vimos a plantexar esta
reclamación/solicitude que nos trasladaron no lugar indicado, para que se dé
seguridade neste punto, e reiterando que se tomen medidas urxentes para
solucionar de xeito definitivo o problema existente ca Ponte de Bonaval.
Oia, a 1º de setembro do
2.015
Luis Giraldez Figueiró, José
Manuel Romero Martínez e Ángel Portela
Rodríguez, Grupo Municipal de Converxencia Galega no Concello de Oia.
Sra. Alcaldesa
Concello de Oia


Ningún comentario:
Publicar un comentario