2 de set. de 2015

A PASAXE (CAMPOSANCOS) A GUARDA

ARACELI SERANTES, DOUTORA EN PSICOPEDAGOXÍA, SERÁ A ENCARGADA DE CONDUCIR A CHARLA “A CONCIENCIA AMBIENTAL: UNHA NECESIDADE SOCIAL E UN RETO EDUCATIVO” 

O acto está incluido no Ciclo "Diálogos en Educación"


 Ponentes e audiencia, veñen compartindo o espazo histórico do vello colexio do Xesuítas, de A Pasaxe (Camposancos) - Foto: C.A.G.


Infogauda / A Pasaxe


 Este xoves, día 3 de setembro, celébrase unha nova edición das tertulias enmarcadas dentro do ciclo de charlas “Diálogos en Educación”, organizado polo Concello de A Guarda.

 A encargada de conducir este novo coloquio, que leva por título “A conciencia ambiental: unha necesidade social e un reto educativo”, é Araceli Serantes, Doutora en Psicopedagoxía pola Universidade da Coruña e profesora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias de Educación.Serantes é experta en programas educativos relacionados coa conciencia ambiental polo que traballou, por exemplo, como coordinadora dos equipos pedagóxicos en granxas escola, en aulas de ecoloxía urbana ou en aulas de natureza. É membro fundadora da Sociedade Galega de Educación Ambiental e na actualidade, codirectora da revista AmbientalMENTE.


 Esta sétima, e tamén penúltima entrega das charlas enmarcadas en “Diálogos en Educación” será celebrada, como vén sendo habitual, dentro do espazo exterior do vello colexio dos Xesuítas, en Camposancos. O comezo será ás 20:00 horas.

 Esta actividade, que ten carácter divulgativo, está concibida como unha tertulia-coloquio informal. Malia que o tema a debater sexa de carácter educativo, esta actividade está aberta a todo tipo de público.

Ningún comentario:

Publicar un comentario