Xardín desordenado en formato dúo, presenta o novo disco "Aprendendo a ladrar"
Este venres día 11 de setembro, ás 20:30 horas, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar).
Marlene Rodrigues e Santiago Ferragud
Álvaro Peralta / Gondomar
O venres día 11
de setembro, ás 20:30 horas, Marlene Rodrigues e Santiago
Ferragud (as voces de Xardín desordenado) achegaranse até a Aula de Cultura
Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar), para presentar este novo
proxecto nunha versión íntima e moi emotiva.
Xardín
desordenado é unha reunión de músicos que dende hai algún tempo veñen musicando
poetas galegos. Acaban de publicar o seu segundo CD, dedicado a 17 poetas
mulleres e titulado "Aprendendo a ladrar" que xa comezaron a
presentar en diversos auditorios.

Ningún comentario:
Publicar un comentario