10 de set. de 2015

A GUARDA

TRIBUNA ABERTA

¡¡¡MÁIS “REFERENCIAS” DE DESTINO EDÉN!!!  

 No día de hoxe, 10.09. 2015, recibimos á fotografía que acompañan este escrito, no que a media mañá, esta era a imaxe que ofrecía a esquina da rúa Secundino Melón con Pacífico Rodríguez, sin que ninguén tomara ningunha medida para adecentar esta situación. Tendo en conta que estamos a falar dun punto polo que permanentemente pasan vehículos e persoas, non é de recibo que  se deixe durante horas este espectáculo, para “deleite” de veciños/as e visitantes.

Esta era a imaxe que ofrecía hoxe a esquina da rúa Secundino Melón con Pacífico Rodríguez
Foto: Converxencia Galega - A Guarda

 Nesta imaxe, pódese ver como está o espacio do arredor do contenedor está máis que sucio, e o “máis interesante” é que non podemos amosar os “cheiros” a mexo, alcohol, vómitos e outras sustancias das que se queixan contínuamente os veciños/as, especialmente os lúns, despois da movida.

 Dende Converxencia Galega solicitamos do concello que se controle este tipo de situacións, e de vez en cando, se proceda a lavar e desinfectar esta zona. 


 A Guarda, a 11 de setembro do 2.015

Josué Alvarez Alonso
Responsable local de Converxencia Galega

Ningún comentario:

Publicar un comentario