27 de set. de 2015

CULTURA

“GRAVURAS / GRAVADOS”, DE ALFONSO VICENTE REY,  UNHA SUXERENTE MOSTRA DE ARTE GRÁFICA

Pódese visitar na Galería de Arte Caminhense

 Alfonso Vicente Rey (Fonso), artista de A Guarda
Fotos: Ricardo Rodríguez Vicente

Ricardo Rodríguez Vicente / Caminha

 Ata o vindeiro día 1 de outubro, a Galería de Arte Caminhense, sita na Praça Conselheiro Silva Torres, de Caminha, acolle unha suxerente mostra de Arte Gráfica, da autoría do artista Alfonso Vicente Rey (A Guarda, 1973).

 Alfonso Vicente Rey (Fonso) é un prestixioso artista plástico e ilustrador freelance. Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Salamanca, e Técnico Superior en Ilustración, pola Escola de Arte Antonio Faílde, de Ourense, complementou súa formación coa participación en Obradoiros de Gravado, impartidos por José Fuentes Esteve, así como en workshops de gravados e xilogravados, impartidos por Choichi Nishikawa e por Hiroshi Maruyama, respectivamente.

 No seu amplo currículo figuran importantes galardons, como o Primeiro premio no Concurso Nacional de Dibujo Galería Artis, de Salamanca, e o Primeiro premio no Concurso Iberart, na categoría Dibuxo-xeral, de Madrid, entre outros.

 Ten participado en importantes mostras colectivas, destacando entre elas a exposición "Talentos Europeos Actuales: España y Paises Bajos", que tivo lugar na Griffin Gallery, de Londres, así como no Moof Museum, de Bruxelas.

 Asemade conta no seu haber con varias mostras individuais, habendo exposto en A Guarda en 1998, 1999, 2000 e 2003.

 Isto é, obviamente, unha síntese de brillante traxectoria de Alfonso Vicente Rey, un creador que leva aportado moito á Cultura do noso País, demostrando súa capacidade creativa, súa ansia por coñecer e sobor de todo súa capacidade de traballo.

 Vista parcial da exposición “Gravuras / Gravados”

 Na exposición “Gravuras / Gravados”, que estes días podemos visitar na Galería de Arte Caminhense, Alfonso Vicente Rey (Fonso) deixa ben patente á bagaxe técnica da que dispón. Así podemos ademirar desde obras realizadas coa técnica da augatinta ata xilografías a prancha perdida, e por suposto, augafortes, carborundo e pirogravado, linóleografías, litografías, polpa de papel, punta seca,...
Non temos constancia de que hoxendía haxa outro artista guardés en activo, que posúa tan amplos coñecementos en Obra Gráfica.

 “Gravuras / Gravados”, e unha mostra que comprende obras dos últimos quince anos. É moi heteroxénea en canto a temática e tamén no referente á técnica, pero como decimos, é tamén moi suxerente. Animamos á tódalas persoas que teñan gusto pola Arte a que visiten á exposición de Alfonso Vicente Rey. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario