CONVERXENCIA GALEGA SOLICITA QUE SE ADOITEN MEDIDAS PARA EVITAR QUE UNHA RAMPA CAUSE PERCANCES EN NETOS
Infogauda / Cividans
Os afectos que proceda, Josué Alvarez Alonso, Responsable Local de Converxencia Galega, de A Guarda ven de presentar no rexistro municipal de entradas, á seguinte comunicación:
RAMPA QUE INVADE A VIA PÚBLICA
(3ª Transversal de Netos)
Fai uns días, recibimos unha
chamada para que acudíramos ata Netos, para que poidéramos observar unha rampa
de acceso que se había construído na 3ª Transversal, e que xa había habido
un percance, xa que unha persoa cunha moto, fora o chán, e por sorte non fora o
asunto a maiores, pero que tamén había protestas por parte daqueles que
circulaban con vehículos de catro rodas.
Despois de desplazarnos o
lugar, e verificalos feitos, e tamén observamos que esa vivenda ten tamén
entrada de garaxe por outro lado, consideramos que debe actuarse dende o
Concello, polo que, en primeiro lugar, preguntamos si se había concedido
algún permiso ou se habían solicitado a previa, recibindo como resposta que non
lles constaba tal feito, no caso de haber recibido autorización, a mesma sería
para que se construira da entrada hacia adentro, na parte privada e non
invadindo o vial público, e menos, provocando unha situación de risco para
quenes circulen polo lugar.
Ante isto, por medio deste
escrito, dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a solicitar que por parte do Sr. Alcalde e como Concelleiro de
Urbanismo, imparta as órdenes oportunas, tanto a Policía Local como aos
Técnicos do Departamento de Urbanismo, para que se pasen polo lugar e comproben
a veracidade dos feitos, así como tamén si foi autorizada a realización desa
rampa.
A
Guarda, a 12 de setembro do 2.015
Josué
Alvarez Alonso
Responsable
Local de Converxencia Galega
Sr.
Alcalde-Presidente
Sr.
Concelleiro de Vías e Obras
Concello de A Guarda

Ningún comentario:
Publicar un comentario