15 de set. de 2015

A GUARDA

INSCRICIÓN ABERTA PARA PARTICIPAR NO LABORATORIO DE IDEAS E NO PROGRAMA DE MENTORING DO CONCELLO 

Ambas actividades darán comezo no mes de outubro



Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda ten a inscrición aberta para todos aqueles interesados en formar parte do “Laboratorio de Ideas” e no programa de “Mentoring”. Ambas actividades darán comezo no mes de outubro.

 Programa de Mentoring: Se es unha persoa emprendedora ou tes unha idea coa que emprender un proxecto, este é o programa idóneo para ti. O “Mentoring” ofrece asesoramento e acompañamento profesional para a posta en marcha dun novo negocio.

 Laboratorio de Ideas: Se tes unha idea ou un proxecto e queres estudar a súa viabilidade, crear un espazo de traballo común e compartir experiencias para facer realidade esta idea, debes participar neste “Laboratorio de Ideas”.

 Para facer efectivas as inscricións deben dirixirse á OMIX do Concello de A Guarda ou contactar á dirección informacion@aguarda.es.

Ningún comentario:

Publicar un comentario