26 de set. de 2015

CAMINHA

ALFONSO VICENTE REY 
gravuras / gravados 

Na Galería de Arte Caminhense
Do 25 de setembro ao 1 de outubro



 Ricardo Rodríguez Vicente / Caminha

 Unha vez máis, a Galería de Arte Caminhense abre súas portas os artistas galegos, e neste caso, máis concretamente, a un destacado artista de A Guarda: Alfonso Vicente Rey. 

 Do 25 de setembro ao 1 de outubro, Alfonso Vicente Rey exporá gravados. 

 A exposición foi inaugurada na tardiña de onte venres día 25 de setembro, e poderá visitarse nos seguintes horarios: 

 A partir das 9:30, hora de Portugal ata as 13:00. E despois de 14:00 a 18:00. O artista estará a diario polas tardes, antes das 18:00h e ata as 20:00h, sempre en horario portugués. 

 Na fin de semana o própio creador encárgase de abrir de 10:00 a 13:00 e de 14:30 a 20:00 h, horario local.

 En decraracións a Infogauda, Alfonso Vicente Rey dixo: "Con esta exposición quero mostrar algúns dos traballos que realicei nos últimos anos dentro da disciplina do gravado. Trátase dunha pequena escolma de estampas producidas en diferentes talleres e con diversos medios e propostas artísticas.

 En síntese, é un percorrido cronolóxico iniciado no ano 2000 e que abrangue as etapas dun camiño marcado por a experimentación e a busca de recursos técnicos que me permitiran avanzar na creación de novas imaxes.


 Desde as primeiras experiencias na Escola de Arte sentín unha especial predilección por o proceso e as obras creadas con sistemas de impresión tradicional. Na Facultade de Belas Artes continuei explorando medios relacionados co gravado e posteriormente nos diferentes talleres e cursos de verán, ata chegar aos traballos máis recentes. Nesta exposición reúno unha pequena selección de obra gráfica con técnicas que van desde o gravado en relevo e o calcográfico ata o carborundo e outras técnicas aditivas.



 Por tanto, todas estas obras reflicten, en certa medida, as inquedanzas persoais impulsadas por a necesidade de crear novas imaxes cun sentido estético propio e a curiosidade por experimentar con procesos creativos que combinasen diferentes recursos".

Ningún comentario:

Publicar un comentario