CULTURA
PASSAGEM – PASAXE
O Ensino Jesuíta e a revista Brotéria entre Portugal e Galiza
Memórias do Colégio de La Guardia, 1916 – 1932
O Edifício dos Paços do Concelho de Caminha, acolle unha interesante exposición que pode visitarse ata o vindeiro día 6 de setembro
Ricardo Rodríguez Vicente / Caminha
O
Edifício dos Paços do Concelho de Caminha, acolle ata o vindeiro día 6 de
setembro, unha importante exposición que leva por título: PASSAGEM – PASAXE. O
Ensino Jesuíta e a revista Brotéria entre portugal e Galiza. Memórias do
Colégio de La Guardia, 1916 – 1932.
Na
mostra, perfectamente disposta por orde cronolóxica, amósaselle o visitante unha
parte moi importante da Historia dos Jesuítas, e máis en concreto do Colexio
que á Orde Xesuítica ten no barrio da Pasaxe, en Camposancos (A Guarda), e que
sen ningún xénero de dúbidas, tamén forma parte da Memoria Histórica de A Guarda.
Na
exposición, que pode visitarse das 15:00 às 18:00 horas (horario de Portugal), o visitante ten a súa disposición un folleto en formato díptico,
con un esclarecedor texto da autoría de Rodrigo Pita de Meireles, que fai un
repaso os avatares que influiron en diversos ámetos nacionais e internacionais,
e por conseguinte, como non podía ser doutro xeito, tamén na actividade docente
dos xesuítas.
Hai
tamén, un documentario no que se reflicten imaxes e testemuñas que son unha
verdadeira xoia audiovisual.
Anverso e reverso do estandarte do Instituto Nun´ Alvares, bordado por alumnos do Colexio dos Xesuítas, da Pasaxe (Camposancos - Fotos: Ricardo Rodríguez Vicente
Unha
mostra fotográfica, na que podemos ollar os rectores do colexio, así como
grupos de alumnos, ás própias instalacions docentes (aulas, laboratorio, teatro, patios,...), ás actividades
que desenvolvían ao aire libre (deportes, excursións polo río, na praia,...),
así como unha mostra bibliográfica, postais, correspondencia,..., e mesmo un estandarte do Instituto Nun
Alvres – bordado por alumnos do Colexio da Pasaxe - son, entre outras, ás
xoias da exposición.
Polo
tanto, suxerimos que tódalas persoas que teñan verdadeiro interese pola
Cultura, visiten esa exposición, que xa nos gustaría poder te-la na Vila de A
Guarda, porque realmente é unha oportunidade de coñecer, siquera de xeito condensado un apartado nada desprezable da nosa historia como pobo.




Ningún comentario:
Publicar un comentario