2 de set. de 2015

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA CALIFICA DE "CHAPUZADA" DE ESPANTO Á RECENTE INTERVENCIÓN DO CONCELLO NA PRAIA DE AREA GRANDE

Celso R. Fariñas (Concelleiro de Converxencia Galega): "(...) Din os que saben, que sería máis axeitado, replantexar a rampa de acceso o areal, e diseña-la de xeito homoxéneo e non con parches de cemento de distintas “arroutadas” e arranxos, unhas boas barandillas a donde agarrarse nenos/as e maiores e facer algo con sentido común (...)"



Nas imaxes pódense apreciar os impactos da recente intervención municipal en un dos accesos á Praia de Area Grande (A Guarda) - Fotografías: Converxencia Galega


Infogauda / A Guarda

 Con data 2 de setembro de 2015, e rexistro de entrada nº 5807, o concelleiro de Converxencia Galega, no Concello de A Guarda, ven de presentar á seguinte comunicación:

¡¡SIGUEN APARECENDO CHAPUZAS POR TODALAS ESQUINAS!!!

 Cando se debería seguir unha planificación para ir adecentando o pobo en xeral e aqueles lugares de maior afluencia de veciños/as e visitantes en particular, cada pouco, -xa escomenza a darnos medo o abrir o correo polo que nos vai chegando e por que non damos abasto a redactar as notas- atopamos que se fan “chapuzadas" de espanto, porque un amiguete ou calquera fai unha queixa, e alí vai o persoal a complacer o solicitante, desenrrolando un novo adefesio en calquer esquina do pobo como neste caso o que nos remitiron dende a Praia da Area Grande, e alí aparece un “tapón” na rampa da esquina da Peña do Cemento, como unha demostración do que non sirve nin para unha cousa nin para outra, e íso sí, ca Bandeira Azul como emblema.

 Din os que saben, que sería máis axeitado, replantexar a rampa de acceso o areal, e diseña-la de xeito homoxéneo e non con parches de cemento de distintas “arroutadas” e arranxos, unhas boas barandillas a donde agarrarse nenos/as e maiores e facer algo con sentido común e non levarse por “calentóns” e saídas das reclamacións dos/as veciños/as de calquer maneira e logo “levantar un monumento” ao “feísmo” institucional.

 Dende Converxencia Galega, vimos a recomendarlle o Sr. Alcalde e Concelleiros/as de Servizos, Vías e Obras e de Turismo, que revisen aqueles lugares de referencia pola súa afluencia de locais e visitantes e planifiquen as accións que desenrrolan para non caer nestes “modelos” que non falan moi ben da nosa vila, da que dín queren convertir en referencia turística no sur da provincia e cada día notamos como estamos sendo superados por outras localidades que fan as cousas con sentidiño.                                                                                                                                                                                                
A Guarda, a 02 de setembro do 2.015

Celso R. Fariñas   
Concelleiro de  Converxencia Galega 


Sr. Alcalde do Concello de A Guarda                     

Ningún comentario:

Publicar un comentario