26 de set. de 2015

A GUARDA

JOSÉ ANTONIO GARCÍA CALVO: UN PEREGRINO CON MÁIS DE 105.000 QUILÓMETROS PERCORRIDOS POLO MUNDO

A súa historia como peregrino é unha aventura moi persoal, que ten a súa orixe, segundo nos dixo, nun sinistro ocorrido na Noitevella do ano 1998. El era o cociñeiro do conxelador bacaladeiro "Revolución", o cal naufragou no mar escandinavo, na costa norueguesa. Dos dezaseis tripulantes a bordo, foi o único sobrevivente daquel naufraxio.




José Antonio García Calvo, un peregrino gaditano que cumple con creces, súa promesa
Fotos: Ricardo Rodríguez Vicente

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Un peregrino moi especial está a pasar a noite no albergue de A Guarda (Pontevedra). Este venres día 25 de setembro tivemos oportunidade de falar con el, pouco despois de que chegase á nosa vila, a través do ferry boat "Santa Rita de Cássia", procedente de Caminha, seguindo o Camiño Portugués pola Costa ou Monacal. Segundo díxonos, en principio, pensaba pasar a noite ao raso, como a anterior. Os seus recursos económicos dispoñibles nese momento - uns tres euros - no lle alcanzaban para pagar o prezo estipulado nos albergues de peregrinos, que él ben coñece, ainda que non sempre poida facer uso deles.

Na imaxe unha reportaxe sobre José Antonio García Calvo, recentemente publicada en un xornal galego

 Non dispón de teléfono móbil, ainda que na súa mochila leva as reseñas de prensa máis recentes que dan conta da súa especial peregrinaxe. E para acreditar a súa personalidade non dubidou en amosarnos motu propio, o seu DNI. Chámase José Antonio García Calvo. É natural de Cádiz, onde naceu o 26 de setembro de 1949. Por elo, este sábado está de aniversario.  

 Comentounos que ven de Fátima e que vai en dirección a Santiago de Compostela, aínda que un pouco antes poñerá rumbo a Cádiz, facendo un itinerario de unos 1.300 quilómetros. Referiunos tamén que en 10 anos ten percorridos máis de 105.000 quilómetros. 

José Antonio García Calvo sobreviviu a un terrible naufraxio no que perderon á vida tódolos seus compañeiros

 A súa historia como peregrino é unha aventura moi persoal, que ten a súa orixe, segundo nos dixo, nun sinistro ocorrido na Noitevella do ano 1998. El era o cociñeiro do conxelador bacaladeiro "Revolución", o cal naufragou no mar escandinavo, na costa norueguesa. Dos dezaseis tripulantes a bordo, foi o único sobrevivente daquel naufraxio. "Estiven nove horas flotando entre dous cadáveres nun mar xeado ata que me rescataron. Prometín á Virxe do Carmen que, se saía vivo, percorrería todos os camiños santos do mundo en peregrinación e os seus santuarios", lembra. O feito de que se salvase podería dicirse que foi un milagre. "Aguantei nove horas como puiden encima de dous cadáveres ata que me rescataron. Foi tremendo", lembra.  
 Despois de máis de catro anos de recuperación, nos que pasou oito meses no hospital, dous anos en cadeira de rodas, e outros dous anos usando muletas para camiñar, José Antonio estivo preparándose para botarse a mochila ao ombreiro e peregrinar.

 Tras unha década de dura experiencia de peregrinaxe, ten claro que "(...) a xente non é mala, hai persoas boas por todas partes, son solidarias cos peregrinos (...)". Sábeo ben porque por algo percorreu a pé medio mundo: Palestina, Israel, India, Tíbet, China, Rusia, América do Norte e do Sur, entre outros lugares. 

 Coñeceu e conversou con dous líderes relixiosos mundiais, o Papa Xoán Paulo II e o Dalai Lama.  

 Cando dentro de uns días poña rumbo á súa terra gaditana, tras 10 anos de peregrino polo mundo, talvez chegue o momento de estar cos seus, porque a súa promesa tena máis que cumprida. E se lle apetece, reflectirá súa experiencia nun libro, que xa ten iniciado e que levará por título: "Os tres inimigos do peregrino: os curas, os cans (de dúas patas) e os pes".

Ningún comentario:

Publicar un comentario