CONVERXENCIA GALEGA DEMOSTRA QUE O PARTIDO DO GOBERNO MUNICIPAL TAMÉN UTILIZA BENS PÚBLICOS COMO SOPORTES PUBLICITARIOS
Celso R. Fariñas (concelleiro de Converxencia Galega): "(...) Dende fai varios días que “ondea” na baranda do Centro Cultural esta pancarta reivindicativa, “compartida” por dúas forzas e pensamentos políticos antagónicos o longo da historia (...)"
Nas imaxes pódese ollar a pancarta reivindicativa, “compartida” por dúas forzas e pensamentos políticos antagónicos o longo da historia
Fotos: Grupo Municipal de Converxencia Galega no Concello de A Guarda
Infogauda / A Guarda
Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega no concello de A Guarda, ven de presentar no rexistro municipal de entradas á seguinte comunicación:
¡¡¡IMÁXENES DO CENTRO CULTURAL!!!
Dende fai varios días que “ondea” na baranda do Centro
Cultural esta pancarta reivindicativa, “compartida” por dúas forzas e
pensamentos políticos antagónicos o longo da historia, e que nos sepamos ata o
de agora non hubo “aproximacións ideolóxicas” senón o contrario.
Indo o tema, é de destacar, o pronto que esqueceu o
Concelleiro de Servizos que na prensa e no derradeiro Pleno Ordinario facía as
máis duras críticas porque un partido había posto carteis e panfletos informativos
nos báculos do alumeado e marquesinas, o que daba mala imaxe e deterioraba os
“bens municipais”
Naquel momento, dende Converxencia Galega xa manifestamos
que todo era un “pataleo” porque o criticado era o Grupo de Goberno Municipal,
e por iso molestaba e non se cansaban de ameazar con aplicar a Ordenanza
Municipal para impoñer sancións, pero todo quedou en “fumo de xaruto”, xa que o
mesmo tempo, o noso pobo foi “invadido” por carteis de festas de todo
tipo, ofertas comerciais, mercadillos,
etc., de aquí e dacolá, e algúns bastante distantes deste lugar, incluíndo a
outra beira do río.
Nestes intres quédanos unha dúbida, e é si non dí nada, ou é
porque non pasa polo lugar, nín él nin seu persoal máis próximo, pero esta
situación xa leva varios días “identificando”
a lona.
Nós, somentes queremos deixar testimuña do feito, do resto
non temos nada que decir, máis que o dereito de expresión que foi conquistado
fai anos, e nestes intres, se entre
todos/as non o defendemos, pouco a pouco o iremos perdendo.
A Guarda, a 03 de setembro do 2.015
Concelleiro de Converxencia Galega
Sr.
Alcalde do Concello de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario