3 de set. de 2015

A GUARDA

O DELEGADO TERRITORIAL DA XUNTA, JOSÉ MANUEL CORES TOURÍS E O XEFE TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CÉSAR PEREZ ARES, ACOMPAÑADOS POLO ALCALDE DA GUARDA, ANTONIO LOMBA BAZ, VISITARON O CEIP A SANGRIÑA


De esquerda a dereita: Sabela Pérez, directora do IES A Sangriña, César Augusto Pérez Ares, Xefe Territorial da Consellería de Educación, Elena Baz Rodríguez, concelleira de Educación, Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda e José Manuel Cores Tourís, delegado territorial da Xunta de Galicia, en Pontevedra


Infogauda / A Guarda

 O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís e o Xefe Territorial da Consellería de Educación, César Augusto Pérez Ares, acompañados polo alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, visitaron o CEIP A Sangriña e puideron observar os resultados das últimas obras realizadas a través da financiación da Xunta e do propio Concello.




 Nesta visita, na que tamén estiveron presentes a Concelleira de Educación Elena Baz Rodríguez, a directora do centro, Sabela Pérez e a portavoz dos populares Conchi Ortega Martínez, tanto Cores Tourís coma Pérez Ares puideron observar o cambio da cuberta do patio exterior e as novos baños, tanto da primeira, coma da segunda planta. Obras nas que se inverteron un total de 30.000 euros.

Estas obras que se fixeron eran imprescindibles tanto por hixiene coma por seguridade”, afirmou o alcalde durante a visita.

 Durante o encontro, tanto o alcalde Antonio Lomba, coma a Concelleira Elena Baz e por suposto a directora do Centro, informáronlle os responsables das distintas deficiencias que aínda existen no colexio.

 Neste punto, tanto o delegado territorial da Xunta coma o xefe territorial de Educación comprometéronse a facer e a estudar e realizar diferentes actuacións.

Hoxe vimos a ver rematados os traballos dunha primeira fase. Hoxe adquirimos o compromiso de cambiar a cuberta do almacén anexo ó edificio e a estudar as obras de mellora dos baños exteriores”, declarou Pérez Ares.

 Ademais, durante este percorrido José Manuel Cores Tourís, fixouse no mal estado dunha parte do pavimento do patio cuberto. O cambio do chan é outras das peticións que dende o Concello e o centro lle farán a Xunta.
  
Debido ós anos que ten este colexio -afirmou o alcalde da Guarda- cada ano débese investir un pouco xa que ten moitas cousas que arranxar”. Antonio Lomba confía que dende a Xunta de Galicia continúen sendo sensibles coas actuacións e as reformas dos centros educativos desta vila.

 Cores Tourís, non dubidou en agradecer a colaboración dos diferentes concellos e tamén da Deputación de Pontevedra nas distintas actuacións e defendeu a colaboración das administracións. “Este tipo de actuacións son beneficiosas para todos os veciños”, comentou.

Ningún comentario:

Publicar un comentario