ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS E NAS ACTIVIDADES ANUAIS PROGRAMADAS POLA OMIX
Infogauda / A Guarda
No caso das Escolas Deportivas Municipais, organizadas
pola Concellería de Deporte, o prazo para anotarse está aberto ata o próximo
venres 25 de setembro. Este ano o Concello oferta, para nenos comprendidos
entre os seis e os 16 anos, clases de baloncesto e de pádel.
O horario para a práctica de baloncesto será os venres de
16 a 18 horas no pavillón de Solanas. O prezo ó mes é de 12 euros.
As clases de pádel serán en diferente horario dependendo
da idade. Así os nenos de 6 a 9 anos irán os martes, os de 10 a 13 os mércores
e os de 14 a 16 anos os xoves. Todos os días as clases serán de 16 a 17 horas.
O prezo mensual é de 15 euros.
Aquel pai, nai ou titor que queira anotar o seu fillo ou
filla deberá facelo no propio Concello. Para máis información poderán dirixirse
ó correo deporte@aguarda.es , no facebook, no blog deporteaguarda.blogspot.com.es
ou directamente no Concello.
Pola súa banda, o prazo para participar nas actividades
organizadas pola OMIX do Concello da Guarda - pilates, zumbale, aerobic e
pintura- tamén está aberto.
Os horarios previstos para o desenvolvemento das
actividades son:
Pilates: martes e xoves de 19:00 a 20:00 horas.
Aerobic: martes e xoves de 20:30 a 21:30 horas.
Zumbale: luns e mércores de 19:00 a 20:00 horas.
Para pintura o horario planificado será os xoves de catro
a seis un grupo e o segundo de seis a oito horas.
Para a inscrición ou información de cada actividade todas
as persoas interesadas terán que poñerse en contacto coa OMIX a través do
teléfono 986614546, mail informacion@aguarda.es ou no perfil facebook.
Ningún comentario:
Publicar un comentario