CONVERXENCIA GALEGA ADVIRTE DO PERIGO EXISTENTE NA RÚA CORUÑA
Celso R. Fariñas: "(...) calquera con dous dedos de frente, se da conta da “chapuzada” feita, esperamos que dende o Concello, se impartan as órdenes oportunas para resolver este asunto na maior rapidez posible (...)".
As imaxes reflicten á presentación que ofrecen os traballos realizados
Fotos: Converxencia Galega - A Guarda
Fotos: Converxencia Galega - A Guarda
Infogauda / A Guarda
Os efectos que proceda, o concelleiro Celso R. Fariñas, de Converxencia Galega, ven de presentar no rexistro municipal de entradas do Concello de A Guarda, á seguinte comunicación:
¿ARTE-LIXO
NAS RÚAS?
A principios deste mes, por escrito, presentamos [comunicación] no
Rexistro Municipal (nº 5.796; de 02.09.2015) sobre os riscos que a falta de
seguridade poderían provocar un percance na rúa Coruña, e que fose rutinaria a
inspección municipal antes, durante e despois do desenrrolo das Festas e actos
que se celebren na vía pública, tanto por parte do Concello como de asociacións
e comisións de festas, para corregir as deficiencias ou esixir o cumplimento
das normas.
No día de onte, recibimos a información é alí acudimos
para contemplar a nova “decoración” da rúa Coruña e a “elevación a los cielos”
do cableado.
A partir de agora, o pasar polo lugar, en vez de mirar
para o chán e evitar unha caída e escangallar os morros, hai que olla-lo ceo, e
non só polas gaivotas, pois en calquer momento pode romperse o brazo da
lámpara, e que Deus ampare o que colla debaixo.
Dende Converxencia Galega consideramos que non se
arranxou o problema denunciado anteriormente, senón que se déu unha solución
que non está libre de provocar unha situación igual ou peor que a existente o
principio.
Polo exposto, e calquera con dous dedos de frente, se
da conta da “chapuzada” feita, esperamos que dende o Concello, se impartan as
órdenes oportunas para resolver este asunto na maior rapidez posible, e
recordando que o vindeiro sábado hai mercadillo nese lugar, e dada a afluencia
de persoas, o risco é maior.
A Guarda, a 10 de setembro do 2.015
Celso R.
Fariñas
Concelleiro
de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Concello de A Guarda

Ningún comentario:
Publicar un comentario