A GUARDA CONMEMOROU Á FESTIVIDADE DE SANTA TREGA
As témporas que auguran un outono seco, animaron á afluenza de centos de romeus en Santa Trega
Como é tradición na súa festividade, á imaxe de Santa Trega foi portada por varias devotas
Fotos: Ricardo Rodríguez Vicente
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Xornada espléndida, ainda que un pouco fresca, sobor de todo, a partires do mediodía, ainda que todo se resolveu botando man de algunha prenda, e vestíndoa, pois non en balde estamos no equinocio de outono, foi en síntese, a nivel climatolóxico, o que se viviu neste 23 de setembro, día grande no municipio de A Guarda que celebraba a festividade de Santa Trega, no Monte ao que dá nome a protomártir de Iconio, a onde acudiron centos aos romeus que participaron nos distintos oficios relixiosos que tiveron lugar durante a mañá. Sobre todo á misa solemne das 11:00 horas, cooficiada por tres sacerdotes (Jesús García Villadóniga, e os somascos, P. Airas e P. Vidal), e no que tamén participaron, en representación dos seus respectivos concellos, os alcaldes do Rosal, Jesús María Fernández Portela, e e de A Guarda, Antonio Lomba Baz, así como varios concelleiros; membros da Confraría de Pescadores e da Comunidade de Montes en Man Común de A Guarda, entre outras representacións.
Coa ermida ateigada de fieis, e aínda no exterior, trancorreu a solemne eucaristía, o termo da cal saiu a procesión, coa participación de autoridades, devotos de Santa Trega e compoñentes do Grupo de Gaitas Os Petons. O remate desa ceremonia os fieis bicaron as reliquias que se gardan neste santuario: un fragmento de óso dun dos brazos de Santa Trega, e un fragmento do Lignum Crucis, o madeiro no que crucificaron a Cristo.
Algúns devotos pasaron estampas e panos polo manto de Santa Trega, ou o bicaron. Deixaron as súas esmolas, e exvotos con forma de brazos, pernas, cabezas, corazóns, peitos ou torsos, aos pés da protomártir reclamando curación ás súas doenzas, á que se ten como avogada da cabeza e do corazón.
Aspecto que ofrecía a explanada do púlpito ao aire libre, no decurso da poxa dos froitos
Asemade, como ven sendo tradición, diante do púlpito ao aire libre, tivo lugar a poxa dos froitos ofrecidos a Santa Trega: allos, cebolas, patacas, mariscos, mel, lambetadas, sobremesas, peixe de couro, e outras dádivas que se subhastaron diante dunha multitude de persoas.
Tamén foi sorteada a Regueifa de Santa Trega, correspondéndolle á sorte a persoa posuidora do número 838, que apareceu inmediatamente, sendo Borja Parente, o activo xoven que lla había vendido.
Logo viría o xantar ao aire libre, onde cada quen quixo situarse, escollendo os lugares acostumados en anos precedentes. A animación da xornada puxérona varias persoas – entre elas o gaiteiro, cantautor e músico, Tino Baz - que tocaron instrumentos tradicionais, como gaitas, cunchas, tamboril,..., dándolle o toque festivo como ben o merecía a efeméride.
E antes de irse cada un para seu fogar, ainda houbo quen fixo unha parada no Parque do Cancelón, para á merenda-cea e marcarse uns pasos de baile, que a ninguén lle fan dano e axuda a manterse en forma.
GALERÍA DE IMAXES
GALERÍA DE IMAXES
Ningún comentario:
Publicar un comentario