30 de set. de 2015

A GUARDA

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO PREPARATORIO PARA OBTER O TÍTULO DE GRADUADO EN ESO

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda xa ten aberto o prazo de inscrición para todos aqueles interesados en acudir o curso preparatorio para obter o título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).

 Este curso está orientado a aqueles alumnos que non conseguiron o graduado en ESO ou aquelas persoas que, debida a súa idade, xa están fora do ámbito escolar e queren sacar este título.

 Todas aquelas persoas interesadas en ser alumnos deste curso poder inscribirse chamando á OMIX do Concello ó número 986 614 546 ou a AEDL. Ademais de poder facer efectivas as inscricións no propio Concello ou a través da dirección de correo emprego@aguarda.es .

Ningún comentario:

Publicar un comentario