A DIRECTORA XERAL DE COMERCIO E O DELEGADO TERRITORIAL DA XUNTA, VISITARON, XUNTO CO ALCALDE DE A GUARDA, A PRAZA DE ABASTOS
O delegado Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís e a Directora Xeral de Comercio, Sol María Vázquez Abeal, xunto co alcalde e membros da Corporación Municipal de A Guarda
Infogauda / A Guarda
O delegado Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José
Manuel Cores Tourís e a Directora Xeral de Comercio, Sol María Vázquez Abeal,
visitaron, xunto o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, a Praza de Abastos.
Neste encontro tamén estiveron presentes a Concelleira de
Comercio, Montserrat Magallanes Álvarez, o Concelleiro de Vías e Obras, Miguel Ángel Español Otero e a portavoz do PP, Conchi Ortega Martínez.
O motivo desta visita, tal e como declarou, Sol María
Vázquez, foi "coñecer de primeira man ós traballos de reforma que comezarán nos
próximos días na Praza de Abastos. Estas obras reformarán a primeira planta da
praza. Así, está previsto colocar un chan novo, quitar a bancada que está no
centro da planta e colocar uns postos de aceiro movibles, unificar a vista dos
diferentes postos e crear un espazo para a limpeza do pescado".
Nesta praza, xa fai dous anos, reformouse a primeira
planta. Espazo onde están os postos de carnicería e legumes.
Estes traballos teñen un orzamento de máis de 128.000
euros, dos cales, o 70% están subvencionados pola Xunta de Galicia e os outro 30% vén de parte do Concello.
Dentro desta partida, ademais, hai unha parte que está
adicada á formación dos propios praceiros. Así, para a primeira semana de
outubro, están programados uns cursos de titoría e adestrador para os
traballadores da praza.
José Manuel Cores Tourís, Sol María Vázquez Abeal, Antonio Lomba Baz e Miguel Ángel Español Otero.
“Este edificio é histórico polo que precisa
modernizarse”, afirmou o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, tras a visita.
Ademais, Lomba, aproveitou a visita de Cores Tourís e de
Sol María Vázquez para afirmar que son moitas máis as actuacións que precisa a
Praza polo que espera que en vindeiros anos, dende a Xunta de Galicia, continúen existindo
estas partidas para conseguir remodelar e adecuar estes edificios. “Buscamos
que a nosa Praza sexa atractiva tanto para os veciños de A Guarda, coma para os
nosos visitantes e por suposto para os praceiros”, afirmou o alcalde.
Unha praceira expón diante das autoridades, súa opinión sobre á Praza de Abastos de A Guarda
Así, tal e como xe dixo, as obras que se levarán a cabo
neste edificio estarán consensuadas tanto cós traballadores da Praza coma cós
usuarios da mesma.



Ningún comentario:
Publicar un comentario