CONVERXENCIA GALEGA SOLICITA QUE SE LIMPE A ZOA DEPORTIVA DO PASEO DE MAZARACOS
Celso R. Fariñas (Concelleiro de Converxencia Galega): "(...) O que no seu momento, foi un dos puntos de destrozo nocturno, agora convertiuse non vertedoiro de lixo e exemplo dun dos puntos de referencia da deixadez e abandono que podemos atopar en calquer esquina do noso pobo (...)".
Infogauda / A Guarda
Os efectos pertinentes, o concelleiro Celso R. Fariñas, de Converxencia Galega, ven de presentar no rexistro municipal de entradas á seguinte comunicación:
¡¡¡GRANDES INSTALACIONS DEPORTIVAS!!!
Fotos: Grupo Municipal de Converxencia Galega no Concello de A Guarda
Si fai poucos días falábamos das deficencias existentes que afeaban e eran motivo de comentarios negativos por veciños/as e visitantes que camiñaban o longo do Paseo de Mazaracos, o remate do mesmo, e moi perto do Museo do Mar, que tanto difundimos como un dos atraíntes do noso pobo cara o turismo.
O que no seu momento, foi un dos puntos de destrozo nocturno, agora convertiuse non vertedoiro de lixo e exemplo dun dos puntos de referencia da deixadez e abandono que podemos atopar en calquer esquina do noso pobo, sin que dende o Concello se tome ningunha medida para arranxar nada, actuando sempre a remolque da denuncia dos particulares, asociacións ou partidos.
Despois disto, é facil entender que os “alevíns” optaran por alugar unha entreplanta para instalar as rampas e desa maneira poder practicar esa especialidade, sen contemplar as molestias para os/as veciños/as que viven na parte darriba, pero polo menos, os “restos” deberían ser retirados para non dar as imaxes que acompañamos.
Dende Converxencia Galega vimos a solicitar que se proceda a levar a cabo unha campaña de limpeza e arranxo deste espacio –o igual que se necesita noutros- para que realmente se manteña unha imaxe que sexa atrainte para turistas e visitantes.
A Guarda, 14 de setembro de 2.015
Celso R. Fariñas
Concelleiro de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Sra. Concelleira de Turismo
Sr. Concelleiro do Vías e Obras
Concello de A Guarda



Ningún comentario:
Publicar un comentario