O CONCELLO ORGANIZA
UN NOVO CURSO DE EDUCACIÓN PARA ADULTOS
O prazo de inscrición ábrese o próximo xoves día un de outubro
O Concello de A Guarda pon en marcha un ano máis, un curso
de educación para adultos preparatorio para as probas libres do graduado da
ESO.
Este curso está orientado a aqueles alumnos que non
conseguiron o graduado en ESO ou aquelas persoas que, debida a súa idade, xa
están fora do ámbito escolar e queren sacar este título.
O prazo de inscrición ábrese o próximo xoves día un de
outubro.
Todas aquelas persoas interesadas en ser alumnos deste
curso poder inscribirse chamando á OMIX do Concello ó número 986614546 ou a
AEDL ó 986610000. Ademais de poder facer efectivas as inscricións no propio
Concello.
Fonte: Concello de A Guarda

Ningún comentario:
Publicar un comentario