O ALCALDE ANTONIO LOMBA BAZ, E O CONCELLEIRO MIGUEL ÁNGEL ESPAÑOL OTERO MANTIVERON UNHA REUNIÓN CÓS TRABALLADORES DO GES
Nesta reunión, puidéronse fixar ás canles de comunicación que unirán ó equipo de goberno con este Grupo de Emerxencias
Antonio Lomba Baz - á dereita da imaxe - e Miguel Ángel Español Otero - á esquerda - aproveitaron este encontro para, de maneira oficial, facer entrega ó persoal dos GES dun remolque de emerxencias entregado pola Xunta de Galicia.
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, e o Concelleiro
delegado do Grupo de Emerxencia Supramunicipal (GES), Miguel Ántgel Español Otero,
mantiveron hoxe unha reunión cos traballadores do GES.
Este encontro, que tivo lugar na sede do GES e que o
equipo municipal cualificou de “moi satisfactorio” serviu para que o persoal
puidera trasladar tanto o alcalde guardés coma ó concelleiro, as súas demandas,
por exemplo de material.
Ademais, nesta reunión, puidéronse fixar ás canles de
comunicación que unirán ó equipo de goberno con este Grupo de Emerxencias.
Antonio Lomba Baz e Miguel Ángel Español Otero aproveitaron este encontro
para, de maneira oficial, facer entrega ó persoal dos GES dun remolque de
emerxencias entregado pola Xunta de Galicia. Esta dotación forma parte dunha
concesión da Xunta que tamén contempla unha zodiac que se entregará nos
próximos meses.

Ningún comentario:
Publicar un comentario