25 de set. de 2015

A GUARDA

O CONCELLO E ORPAGU CONVIDAN A PARTICIPAR NA RUTA “ESPADA EN TAPAS” QUE CONTINÚA ESTA FIN DE SEMANA

A ruta musical acompañará ós comensais mentres degustan os pinchos nos diferentes establecementos adheridos


Na imaxe unha das suculentas presentacións do peixe espada que se ofrecen nos establecementos da hostalaría de A Guarda
Fotos: C. A. G.


Infogauda / A Guarda


 O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz e a xerente de ORPAGU, Juana Parada, xunto coa Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez, visitaron algún dos locais participantes na segunda edición da ruta “Espada en Tapas”. Nesta iniciativa, once establecementos adheridos, ofertan tapas de peixe espada gratuítas nas dúas últimas fins de semana de setembro.

De esquerda a dereita: Juana Parada, Antonio Lomba Baz e Montserrat Magallanes Álvarez, visitando un dos locales participantes na segunda edición de "Espada en Tapas"

 Desta maneira, hoxe venres día 25, o sábado e tamén o domingo, os restaurantes Aparthotel Marouco, Brisamar, Carla, Gaviota, Jamonería Anabel, La Pizzicata, Marusía, O Cangrexal, Os Remos, Trasmallo e O Xeito, ofertarán de 12 a 13,30 horas e de 19 a 21 horas o pincho de peixe espada totalmente gratis.

 Entre todos os participantes nesta ruta, ORPAGU sortea unha cesta con un lote de produtos de peixe espada.

Juana Parada, Antonio Lomba Baz e Montserrat Magallanes Álvarez

 Ademais, o Concello entregará ás establecementos participantes unha fotografía profesional da súa receita e un diploma que faga constar o seu apoio, colaboración e participación no “Espada en Tapas”.

 Na presentación no evento, representantes de algúns medios de comunicación fixeron unha cata das diferentes tapas e, nos próximos días, se fará pública a gañadora.

Ruta musical

 O Concello de A Guarda colabora ademais cunha ruta musical polas diferentes rúas onde se asentan os establecementos adheridos.

 Así, hoxe venres, a partir das 19,30 horas, haberá breves actuacións do grupo “Deixandar” no Aparthotel Marouco, Brisamar, Jamonería Anabel, Pizzicata e Carla.

 Mañá, sábado, tamén a partir das 19,30 horas, o pasarrúas do grupo “Lirolai” fará un desfile dende a Alameda ata o Porto, pasando polos establecementos desta ruta gastronómica.

Ningún comentario:

Publicar un comentario