O XOVES CELÉBRASE A ÚLTIMA TERTULIA ENMARCADA DENTRO DO CICLO “DIÁLOGOS EN EDUCACIÓN” NA CASA DOS ALONSO
A charla que leva por título “Política e Educación. Camiño de volta dun técnico do Estado na transición democrática” está conducida por Pedro Caselles
Ponente e público, nunha charla precedente do Ciclo "Diálogos en Educación"
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Este xoves día 10 de setembro, celébrase a última das tertulias enmarcadas dentro do ciclo “Diálogos de Educación”, organizado polo Concello de A Guarda. Nesta ocasión, a charla, que leva por título “Política e Educación. Camiño de volta dun técnico do Estado na transición democrática”, estará conducida por Pedro Caselles Beltrán, mestre e inspector de Ensino Primario do Ministerio de Educación e se celebrará na Casa dos Alonso.
O cambio de situación débese, ademais do decrecemento dos días, á celebración da tertulia de clausura nun céntrico emprazamento. Este novo espazo continúa a vincular estas charlas cun antigo centro educativo xa que A Casa dos Alonso, funcionou coma colexio dos PP. Somascos antes da súa ubicación actual.
O horario de comezo continúa a ser o mesmo, ás 20:00 horas.
Nesta última entrega de “Diálogos de Educación”, Pedro Caselles, figura destacada polo seu perfil técnico para a posta en marcha da Lei Xeral de Educación de 1970, quen foi Director do Centro de Investigación y Documentación Educativa e tamén Conselleiro de Educación e Ciencia das embaixadas de España en Arxentina, Chile, Paraguai e Uruguai, contará experiencias profesionais propias e abrirá debates entre todos os presentes.
Coa celebración deste coloquio de clausura nun espazo tan céntrico da Guarda a organización quere convidar, a todas esas persoas que xa asistiron ás charlas pasadas, pero tamén, a todos aqueles interesados que non puideron achegarse ás entregas anteriores, para que, nesta ocasión, se sumen.
Desde o Concello de A Guarda sinalan que "o resultado deste ciclo “Diálogos de Educación” é moi positivo".

Ningún comentario:
Publicar un comentario