CONVERXENCIA GALEGA PLANTEXA VARIAS INTERROGANTES SOBOR DO "REXURDIMENTO" DA AGRUPACIÓN DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL
Celso R. Fariñas: "(...) Dende Converxencia Galega solicitamos se nos aporte a Acta de Elección da nova Xunta Directiva, relación nominal dos membros en “activo” da Agrupación, titulación para o uso de embarcacións, vehículos, así como Póliza de Responsabilidade Civil que dé cobertura os voluntarios/as de Protección Civil de A Guarda (...)".
Celso R. Fariñas
Concelleiro de Converxencia Galega
Infogauda / A Guarda
Por medio do seu concelleiro, Celso R. Fariñas, Converxencia Galega, ven de presentar no rexistro de entradas do Concello de A Guarda, á seguinte iniciativa:
AGRUPACIÓN DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL
Dun tempo para acá, estamos recibindo información
sobre o “rexurdimento” da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de A
Guarda, cunha nova Xunta Directiva, sin que se teña noticias de que os anteriores
responsables haxan dimitido, que se hubera convocado unha asamblea pública para
a reactivación, ou cando menos, unha información dirixida aos membros da
Corporación Municipal daquel momento.
Dende
o inicio desta lexislatura, estivemos a procura de reunir os escritos da
Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (A.V.P.C.) de A Guarda, e podemos
sinalar que temos encontrado varios partes, entre eles:
Rexistro de
Entrada nº 4427 (03.07.2015) Sobre a
súa participación no Desfile de Entroido o día 13.02 en Tomiño,
Rexistro de
Entrada nº 4428 (03.07.2015) Participación
no Trofeo da Comunidade de Montes de Santa Mariña (O Rosal)
Diante destes
dous (2) reportes, plantéxanse unha serie de preguntas, das que esperamos
resposta, tanto do Concelleiro de Emerxencias, como do Cabo da Policía Local,
(Responsable da Agrupación): ¿Foron de reforzo da A.V.P.C. de Tomiño? ¿Existe
algunha solicitude escrita feita polos Concellos de O Rosal e Tomiño?
¿Recibiron autorización escrita para o desplazamento? ¿Foron de xeito altruista
ou a Agrupación e/ou o Concello de A Guarda, recibiron algunha retribución para
cubrir os gastos de desplazamento? ¿Da relación dos voluntarios que aparecen en ámbolos dóus escritos dispón de Licencia BTP para o uso do vehículo da
Agrupación?
Si no anterior temos dúbidas do
cumplimento da Lei e das Normativas de Funcionamento das Agrupacións de
Voluntarios de Protección Civil, na seguinte, moitas máis:
Rexistro de
Entrada nº 4452 (06.07.2015) –acompañamos copia que non ten desperdicio: actuación
na XX Travesía a Nado do Porto de A
Guarda (COMO VOLUNTARIOS DEL AYUNTAMIENTO NO COMO PROTECCIÓN CIVIL).
MEDIDAS
LLEVADAS A CABO DURANTE EL EVENTO: Corte
de tráfico, seguridad de los
ciudadanos, seguimiento de los nadadores por mar, entrega de aguas y
bocadillos, colocación de vallas,
ayuda a los participantes al fin de la travesía.
Participan
nun evento un grupo de veciños/as os que hai que agradecerlles a súa
colaboración, pero ¿baixo a coordinación
de quen? ¿do Xefe da A.V.P.C.,do Concelleiro de Emerxencias, sin máis? ¿Forman
parte dalgunha organización, entidade, empresa ou Corpo de Seguridade? ¿Qué
mandou, coordinou, dirixiu, ou polo menos dixo sobre como e donde cortar o
tráfico? –tal e como está a cousa, por cortalo nas manifas, pasas por
“taquilla”- E que decir sobre o
“seguimento dos nadadores por mar”, ¿cantos dos “voluntarios cidadáns” teñen
cursos homologados de salvamento, primeiros auxilios, e
outros, que como mínimo poden dar unha garantía si se presentara unha emerxencia
nesta proba popular?
Dende logo, iso
non é serio, ¿Cómo participan como “voluntarios del ayuntamiento” os mesmos que
aparecen reflexados nos partes de actividades da A.V.P.C. de A Guarda? ¿Non os
convocaron para “colaborar” nesta proba, ou sucedeu algunha outra cousa?
¿Usaron algún material, roupa, medio de comunicación ou transporte da A.V.P.C.?
Todo o
operativo, ¿estivo coordinado polo “Encargado” -¿existe ese nombramento?- de
Protección Civil de A Guarda, que asina o “parte de actividade”? Sería
interesante coñecer os cursos de dirección, coordinación, planificación e
demais preparación para estar o fronte da Agrupación.
Dende Converxencia Galega solicitamos se nos
aporte a Acta de Elección da nova Xunta Directiva, relación nominal dos
membros en “activo” da Agrupación, titulación para o uso de embarcacións,
vehículos, así como Póliza de Responsabilidade Civil que dé cobertura os
voluntarios/as de Protección Civil de A Guarda.
A Guarda, a
08 de setembro do 2.015
Celso R.
Fariñas
Concelleiro
de Converxencia Galega
Sr.
Alcalde-Presidente
Sr.
Concelleiro de Emerxencias
Sr. Xefe da
Policía Local-Responsable da A.V.P.C.
Concello de A Guarda

Ningún comentario:
Publicar un comentario