7 de set. de 2015

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA DESTAPA O ABANDONO DA FONTE DE SANTA CATALINA

Celso R. Fariñas (concelleiro de Converxencia Galega): "(...) o que está a vista non necesita explicación, e o que “precisamos” é que se proceda a impartir as órdenes oportunas a quen corresponde para que se dé inicio de maneira inmediata a limpar e asear este lugar (...)"

                        
Fonte de Santa Catalina, acarón da canteira de San Caetano e da senda litoral das faldras do Monte Santa Trega
As imaxes reflicten o lamentable estado no que se atopan os tanques da fonte-lavadoiro de Santa Catalina - Reportaxe fotográfica: Converxencia Galega, de A Guarda
Vista parcial da cuberta da fonte-lavadoiro de Santa Catalina, na que se aprecian varias tellas viradas

Infogauda / A Guarda

 Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega, ven de facer pública á seguinte comunicación:

¿PARAÍSO E DESTINO EDÉN...?

 Cada vez que leemos ou escoltamos os “títulos” –case todos de pago- que recibimos de diversas institucións, empresas, organismos, etc., é para poñerse a temblar, pois o “discurso” non se corresponde ca realidade do día a día no noso pobo, e cada vez son máis os/as guardeses/as que comparten esa opinión, pois como dí o libro, “polos feitos os coñeceredes”, no caso de A Guarda, a traducción é o revés, pola deixadez, abandono, falta de compromiso cas promesas feitas, saberedes que se trata do ¿¿Goberno?? Municipal.

 Non nos sirve que nos digan que precisan de 100 días, ¿acaso este goberno non é unha continuidade do anterior dende fai OITO (8) ANOS? Son as mesmas persoas e a mesma organización, polo tanto é o mesmo equipo e o mesmo programa,… O mesmo non facer nada dende fai moito tempo e os/as veciños/as cada vez máis perda de “espacio” na comarca en tódolos sentidos.

 Agora que remata e tempada de verán, e dado que tivemos moi poucas cousas que melloraran en canto a “imaxe” que ofrecíamos a turistas e visitantes, temos que traguer a estas notas a situación a que nos remitiu fai poucas horas un veciño.

 ¿E normal que por unha das zonas nas que máis persoas pasan como é o Paseo das Faldras do Trega na prolongación de Fernández Albor, teñamos que atopar unha “referencia turística” como é a Fonte de Santa Catalina?

 A suciedade e porcalladas ciscadas no lugar, non precisan moita explicación, xa que unha imaxe vale máis que mil palabras, e neste caso, as palabras de desagrado e molestia a poñían todos/as aqueles/as que paseaban e camiñaban por este lugar.

 Non queremos facer máis ferida que a precisa, o que está a vista non necesita explicación, e o que “precisamos” é que se proceda a impartir as órdenes oportunas a quen corresponde para que se dé inicio de maneira inmediata a limpar e asear este lugar, para mellorar a calidade de vida, neste caso, visual e olfativa para beneficio de todos/as.


A Guarda, a 07.09.2015

  
Celso R. Fariñas
Concelleiro de Converxencia Galega


Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Concelleiro do Lixo
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario