2 de set. de 2015

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA DENUNCIA O DETERIORO DE BENS MUNICIPAIS

Celso R. Fariñas (concelleiro de Converxencia Galega): "(...) As realidades son tozudas e nos levan a contemplar como se sigue deixando que as “cousas” se sigan deteriorando e se actúa despois de que veciños/as, asociacións ou grupos políticos fan a denuncia, ou reclaman a súa reparación (...)"

Pormenor da escaleira que une a Rúa Puerto Rico coa Praza de San Bernardo, cos chanzos rotos, evidenciando á falla de mantemento - Fotos. Grupo Municipal  Converxencia Galega, de A Guarda




Infogauda / A Guarda

 Facéndose eco das queixas de veciños de Ribadavila e usuarios das escaleiras que comunican a Rúa Puerto Rico coa Praza de San Bernardo, o concelleiro Celso R. Fariñas, do Grupo Converxencia Galega, no Concello de A Guarda ven de presentar no rexistro municipal de entradas, á seguinte comunicación:

ESCALEIRAS ENTRE A RÚA PUERTO RICO E A PRAZA DE SAN BERNARDO

 Despois de haber feito a queixa sobre o estado de abandono e suciedade dos contenedores na Praza de San Bernardo, recibimos unha chamada para [que] botáramos unha ollada o estado das escaleiras que unen a rúa Puerto Rico ca praza de San Bernardo, e o perigo que ofrece para quenes a usan, xa que o seu abandono por parte das distintas autoridades municipais nos derradeiros DEZ (10) ANOS.

 Como se pode contemplar nas imaxes que acompañamos, son o fiel reflexo do que decimos anteriormente, pois son a demostración da pouca ou nula vontade do Equipo de Goberno do PSOE por dar unha imaxe, non só para os visitantes, senón e fundamentalmente para os/as guardeses/as que sirva de pasaporte da conservación dos bens e diñeiros públicos, como unha referencia do avance e a boa inversión dos Presupostos Municipais e subvencións que se reciben para mellorar o noso pobo.

 As realidades son tozudas e nos levan a contemplar como se sigue deixando que as “cousas” se sigan deteriorando e se actúa despois de que veciños/as, asociacións ou grupos políticos fan a denuncia, ou reclaman a súa reparación.

 Dende Converxencia Galega seguimos mantendo que o troco de persoas no Goberno Municipal non mellorou a situación, polo que a degradación dos servicios e a atención os veciños/as vai a seguir sendo –con sorte- igual ou peor que ata o de agora, e senón, tempo o tempo, xa que os responsables dos servicios seguen sendo os mesmos, e como dí o refrán, donde non hai non se pode quitar, e o que queira entender, que saque as súas propias conclusións.

 Estaremos atentos a que se tomen as medidas oportunas, e senón que se inclúa nas subvencións ou nos próximos Presupostos Municipais do 2016 a partida suficiente para arranxar esta “desfeita”.

A Guarda, a 01 de setembro do 2.015

Celso R. Fariñas    
 Concelleiro de Converxencia Galega


Sr. Alcalde do Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario