O CONCELLO, EN CASO DE CHUVIA, COLOCARÁ UNHA CARPA NA FORTALEZA DE SANTA CRUZ PARA CELEBRAR “NOITES NO CASTELO”
Este evento consta da proxección do filme galego “A Esmorga”, seguido dun concerto do grupo “A Roda”, que ameniza unha das escenas da película
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda comunica que en caso de chuvia, colocará unha
carpa no Castelo de Santa Cruz para poder celebrar o evento “Noites de
Castelo”.
Este evento consta da proxección do filme galego “A
Esmorga”, seguido dun concerto do grupo galego “A Roda”, que ameniza unha das
escenas da película.
Antes da proxección, ás 20:30 horas, o filme será presentado
polo actor protagonista do mesmo, Antonio Durán, e o director, Ignacio
Vilar.
Con este gran evento, o Concello de A Guarda, quere poñer o
peche este ano a programación do verán desta vila.

Ningún comentario:
Publicar un comentario