25 de set. de 2015

A GUARDA

O PARTIDO POPULAR DE A GUARDA PRESENTOU NO PLENO DE ONTE CATRO MOCIÓNS, ASÍ COMO VARIOS ROGOS E PREGUNTAS

Conchi Ortega Martínez (Concelleira portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular): " (...) estamos bastante satisfeitos co resultado do pleno de onte día 24. Pensamos que por fin se impulsará a regularización de Protección Civil como pedimos nunha moción, e que o tema da seguridade viaria na Rúa do Porto vai encamiñado, xa que a  nosa proposta de reunión con Portos de Galicia para chegar a un consenso tamén prosperou por unanimidade (...)".

Compoñentes do Grupo Municipal do Partido Popular, no Concello de A Guarda



Infogauda / A Guarda

 Da sesión plenaria ordinaria, celebrada onte pola Corporación Municipal do Concello de A Guarda, e que durou cinco horas e media debido ao gran número de mocións presentadas, Conchi Ortega Martínez, concelleira portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular, fai a seguinte valoración: "Podemos dicir que estamos bastante satisfeitos co resultado do pleno de onte día 24. Pensamos que por fin se impulsará a regularización de Protección Civil como pedimos nunha moción, e que o tema da seguridade viaria na  Rúa do Porto vai encamiñado, xa que a  nosa proposta de reunión con Portos de Galicia para chegar a un consenso tamén prosperou por unanimidade. Sen embargo non conseguimos que unha persoa do funcionariado do Concello asumira tarefas de información na entrada no concello, pero si que se coloque un panel indicativo dos departamentos e as funcións que desempeñan".  

A ÚNICA DECEPCIÓN FOI COA MOCIÓN NA QUE SE DEMANDABA CONTROL PARA EVITAR O VANDALISMO

 A portavoz popular lamentou que non prosperara a moción na que se pretendía paliar os actos de incivismo que se produce nas noites, sobre todo as fins de semana. "Nós propoñíamos que houbera un servizo nocturno de policía local, para atender a chamada de calquera veciño que estivera a sufrir os efectos colaterais do "botellón", como actos vandálico no seu portal ou nas inmediacións.  Ningún grupo quixo apoialo". Insistindo nesta cuestión, Conchi Ortega afirma: "Teño que dicir que o seguiremos intentando: Non é de recibo que a zona centro de A Guarda e sobre todo as inmediacións da Alameda, sufran todas as fins de semana tantas molestias e desperfectos. Nalgúns casos o pagamos todos, e noutros son os propietarios dos portais quen, pola mañanciña do domingo, teñen que dedicarse a limpar e retirar vasos, botellas  e outras cousas máis escatolóxicas". 

 Ortega considera que, "(...) aínda que non se aproben todas as mocións, o feito de que se abran debates para que problemas de longa duración se traten no pleno do Concello e a xente opine, concienciando os políticos de que necesitan unha solución a problemas reais de A Guarda, tamén é saudable e positivo". 

 Os Populares reiteraron varias veces no pleno, que "o grupo municipal do PP de A Guarda lle dará sempre preferencia absoluta aos problemas de A Guarda nos que tivera competencia o Concello".

Ningún comentario:

Publicar un comentario