CONVERXENCIA GALEGA SINALA O ABANDONO DA "ZOA DE CANS" A CARÓN DO PASEO DE MAZARACOS
Josué Alvarez Alonso (Responsable Local de Converxencia Galega): "(...) Sen entrar en si ten utilidade ou non, o que é certo é que ou se manda retirala, ou se arranxa, pero o que non pode ser é ter un “armatoste” para que chocan críticas por tódolos lados sen máis (...)".
Infogauda / A Guarda
A traverso dunha comunicación presentada no rexistro municipal de entradas do Concello de A Guarda, o Responsable Local de Converxencia Galega, Josué Álvarez Alonso, fáise eco da situación na que se atopa a "Zoa de cans", sita a carón do Paseo de Mazaracos, decindo o seguinte:
¡¡¡PAISAXE PERRUNO!!!
A falla de mantemento da "Zoa de cans" queda de manifesto nas imaxes
Fotos: Converxencia Galega - A Guarda
O longo de todo verán, pero a situación xa ven de lonxe, tanto veciños/as como visitantes que camiñaron polo Paseo de Mazaracos (nome oficial do paseo que vai dende a Riveira ata a Salazón), poideron contemplar unha das “maravillas” que temos exposla por aqueles lares, nunha das interseccións de dito paseo ca rúa Malteses, como unha maneira de potenciar o turismo hacia o noso pobo, xa que é Destino Edén, e así podería sair nas mellores e mais prestixosas revistas do mundo, cicais se esté plantexando solicitar o recoñecemento como “Patrimonio da Humanidade”.
Na imaxe da esquerda pode ollarse un dos accesos a "Zoa de Cans", cuio estado de abandono queda reflectido na imaxe da dereita
Sen entrar en si ten utilidade ou non, o que é certo é que ou se manda retirala, ou se arranxa, pero o que non pode ser é ter un “armatoste” para que chocan críticas por tódolos lados sen máis. ¡¡Que a vontade dos “especialistas” de turismo!!
Dende Converxencia Galega vimos a solicitar que se tomen as medidas oportunas neste lugar, e que tamen se limen, adecenten e arranxen os dous accesos que dende Malteses baixan hacia o paseo, que non volveron a mirar o cemento dende a súa construcción.
A Guarda, a 14 de setembro do 2.015
Josué Alvarez Alonso
Responsable Local de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Sra. Concelleira de Turismo
Sr. Concelleiro de Vías e Obras
Concello de A Guarda



Ningún comentario:
Publicar un comentario