1 de set. de 2015

A GUARDA

OS PARTICIPANTES NO VIII TORNEO DE VOLEI PRAIA DA GUARDA DONAN 35 QUILOGRAMOS DE COMIDA Ó BANCO DE ALIMENTOS

Resultaron gañadores deste campionato a parella formada por Lexo e Gabri e subcampións Koke e Diego. De terceiros quedaron Piño e Rafa e cuartos Yago e Víctor

Fermosa imaxe de un dos encontros do Torneo de Volei Praia, 2015 
Fotos: C. A. G.

Infogauda / A Guarda

 A pasada fin de semana celebrouse na praia da Lamiña, en Camposancos (A Guarda) ó VIII Torneo de Volei Praia, organizado polo Concello da localidade.

 A inscrición para este campionato, no que participaron dezaseis parellas, foi gratuíta, pero a organización invitaba a doar algún paquete de comida ó Banco de Alimentos municipal. En total recolléronse 35 quilogramos de comida entre as que se distinguía, por exemplo, paquetes de arroz ou pasta, galletas, botes de cacao, latas de conservas ou botellas de aceite.

 Todos estes paquetes xa se encontran no Banco de Alimentos e dende a Concellería de Servizos Sociais, da que está ó fronte a concelleira María Teresa Vicente Baz, comezarán co seu reparto entre as familias que máis o precisan.

Éxito do Torneo

 As dezaseis parellas participantes no VIII Torneo de Volei Praia organizado polo Concello de A Guarda mostráronse moi satisfeitas polo resultado.

Na imaxe as parellas dos gañadores, xunto con segundos, terceiros e cuartos clasificados no torneo

 Finalmente, resultaron gañadores deste campionato a parella formada por Lexo e Gabri e subcampións Koke e Diego. De terceiros quedaron Piño e Rafa e cuartos Yago e Víctor. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario