5 de ago. de 2015

A GUARDA

A PINTORA GUARDESA CHARO TRIGO VICENTE EXPÓN EN CAMINHA

A mostra, que leva por título xenérico "Liberdade" pode visitarse ata o día 6 deste mes

Charo Trigo expón na Galería de Arte Caminhense
Foto: Infogauda

Infogauda / Caminha

 O pasado venres día 31 de xullo, na Galería de Arte Caminhense, de Caminha (Portugal) e aberta ata o día 6 de agosto, foi inaugurada á Exposición “Liberdade” da pintora guardesa Charo Trigo, acompañada de amigos de ámbalas dúas orelas do río Miño.

 Na inauguración, fixo unha pequena intervención Celso R. Fariñas, que entre outras cousas, sinalou sobre a obra de Charo Trigo [que]“(…) na súa pintura temos distintos e diversas influencias, nunhas aproveita de maneira moi marcada os efectos da luz e color rosado, noutras, nunha pintura moi fresca e lixeira con matices azuis, como un reencontro co tipísmo de fai máis de cen anos dos bohemios que inundaban París e que crearon diversas escolas nos países do norte e centro de Europa (…)”.

 Así mesmo, manifestou: “(…) Charo Trigo entende como o clásico, que o primer persoaxe dún cadro é a luz que filtrándose e colándose en dourados raios entre as arboledas, vai iluminando e rebotando no mar para crear novas luces e cores (...)”.

 Charo Trigo, agradeceu a asistencia de invitados e demais concurrentes, esperando que a obra exposta fora do agrado e teña boa acollida polos presentes e visitantes que estes días acudiran ata a Galería de Arte Caminhense.

Ningún comentario:

Publicar un comentario