26 de ago. de 2015

A GUARDA

ESTE XOVES, ÚLTIMO DÍA PARA INSCRIBIRSE NAS TRES ÚLTIMAS ANDAINAS DO 2015

Na imaxe, varios participantes nunha andaina precedente
Foto: D. A.G.

Infogauda / A Guarda

 A Concellería de Deportes de A Guarda pecha este xoves día 27 de agosto, o prazo de inscrición para participar nas tres andainas que están organizadas para este ano 2015. A próxima andaina é o sábado 12 de setembro. 

 Todas as persoas que estean interesadas en participar nesta actividade aínda poden facer a súa inscrición, xa sexa presentándose no mesmo Concello, chamando o número de teléfono 986 610 000 ou a través do correo electrónico: deporte@aguarda.es. 

 O número de prazas para participar nas andainas é limitado polo que a orde de inscrición será o método a seguir para determinar a lista. Teñen prioridade aquelas persoas que se inscriban na actividade completa ou no maior número de andainas. 

 O venres día 28 de agosto se elaborará a lista de participantes e tras ser avisados, terán de prazo ata o 4 de setembro para efectuar o pago da actividade. 

 As andainas ofertadas son: o 12 de setembro a “Fraga de Coiro” en Cangas; o 3 de outubro o “Roteiro polos Montes da Pedrada e da Magdalena” en Tomiño; e o 7 de novembro no “Faro Budiño e Rocha do Pianista” en O Porriño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario