26 de ago. de 2015

A GUARDA.

O VENRES PRESÉNTASE O LIBRO “MÁS ALLÁ DE LAS METAS. LA AZAROSA VIDA DE UN ESTUDIANTE” DE GENEROSO ÁLVAREZ SEOANE

Este evento, organizado pola Agrupación Cultural Guardesa, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de A Guarda, contará coa actuación da pianista guardesa, María Alonso e coa presenza de Ricardo Rodríguez 



Infogauda / A Guarda

 O venres día 28 de agosto ás 21:00 horas, preséntase no Centro Cultural e Social de A Guarda o libro “Más allá de las metas. La azarosa vida de un estudiante”, do escritor guardés Generoso Álvarez Seoane.  

 Neste libro de recordos, o seu autor céntrase nun só tema: as sucesivas etapas dos seus estudos realizados con vontade e ilusión indestrutibles ó longo dos anos. Así conta un itinerario que, pasados os anos infantís vaise a converter nunha carreira de obstáculos. Generoso Álvarez fala nesta publicación dende que ós tres anos comenza a asistir o Colexio das HH. Carmelitas ata a súa culminación coa defensa da súa tese doutoral. 

 No limiar do libro, a Catedrática de Literatura Española da Universidade Complutense de Madrid, María José Alonso Seoane, fala sobre o autor, Doctor en Ciencias Químicas e Licenciado en Farmacia. De Generoso alaba tanto o seu extenso currículo cheo de honores no seu campo profesional como a súa labor coma escritor.  

 Este evento, organizado pola Agrupación Cultural Guardesa, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de A Guarda, contará coa actuación da pianista guardesa, María Alonso Vázquez e coa presenza de Ricardo Rodríguez Vicente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario