22 de xul. de 2015

DEPORTES

CLAUSURA DO CURSO FEDERATIVO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO NO CONCELLO DA GUARDA 

O alcalde de A Guarda e o concelleiro de Deporte entregaron os diplomas acreditativos os novos monitores de fútbol base - Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda


 No Salón de Plenos do Concello da Guarda, e en presenza do alcalde Antonio Lomba Baz e do Concelleiro de Deporte, Manuel Javier Crespo González, onte clausurouse o Curso Federativo de Monitor de Fútbol Base.

 Durante os meses de maio, xuño e xullo, esta localidade acolleu este curso que estivo organizado pola  Federación Española de Fútbol e a Escuela Gallega de Entrenadores, en colaboración co Concello de a Guarda e o Sporting Guardés.

 Esta formación, que tivo unha moi boa acollida entre os veciños do municipio relacionados co mundo do fútbol, tiña como obxectivo fomentar a formación dos adestradores que traballan cos deportistas máis pequenos e instruír a xente para que nos clubes haxa os mellores educadores.

 Dende a Federación Española de Fútbol quixeron agradecer ó Concello de A Guarda todas as facilidades para que este curso puidérase levar a cabo da mellor forma posible. Pola súa banda, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, recoñeceu o éxito da formación e afirmou o interese do alumnado neste tipo de cursos.

 Lomba, xunto co Concelleiro de Deporte, foron os encargados de entregar a cada un dos alumnos, o diploma que os acredita como monitores de fútbol base.

Ningún comentario:

Publicar un comentario