Xornada
Canina en Amorín
Asociación de Veciños de Amorín / Tomiño
O sábado día 1 de agosto realizarase a primeira edición das Xornadas Caninas en Amorín (Tomiño). Os obxectivos desta xornada son informar sobre a normativa actual
relativa á posesión de animais de compañía; proporcionar formación sobre
coidados básicos, especialmente en alimentación e vacinación e dar pautas de
educación básica para os nosos amigos caninos.Tamén se explicará o traballo que
realizan as asociacións protectoras e cáles son as diversas vías de colaboración
que existen para axudarlles a desenvolver a súa imprescindible labor.
Ó longo da mañá,
poderase realizar a adopción e/ou apadriñamento dos animais traídos polas
protectoras.
As xornadas, nas
que participarán clínicas veterinarias e varias asociacións protectoras da
comarca, realizaranse na Casa dos Mestres de Amorín, en horario de 10:00 a 19:00.
O programa detallado das xornadas está dispoñible na páxina web da Asociación
de Veciños de Amorín, organizadora das xornadas, A participación é gratuíta pero, debido a que o
aforo é limitado, recoméndase inscrición previa a través do correo avdamorin@gmail.com ou a través do
formulario dispoñible na web da asociación.
Animamos a
todos/as a participar porque con coñecementos sinxelos podemos conseguir mellorar
a saúde e o benestar dos nosos amigos peludos e ter unha mellor relación e
convivencia con eles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario